Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de reforma parcial do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. Fase II.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 28/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17390

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de reforma parcial do laboratorio de medio ambiente de Galicia. Fase II.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 116.131,41 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 116.131,41 €. Importe total: 137.035,036 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013. Eixe 3, tema prioritario 48.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.4.2012.

b) Data de formalización do contrato: 2.5.2012.

c) Adxudicataria: AIN, Empresa de Servicios para la Construcción, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 115.983,05 €. Importe total: 136.860,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

P.D. (Orde 15 .3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas