Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de contedores para a recollida de residuos urbanos.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 32/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16924

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de contedores destinados a recollida de residuos urbanos.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 44613800-8.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 220, do 17 de novembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 169.491,53 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 169.491,53 €. Importe total: 200.000 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013. Eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.4.2012.

b) Data de formalización do contrato: 20.4.2012.

c) Adxudicataria: Contenur, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 169.480,60 €; importe total: 199.987,10 €, IVE (18%) incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas