Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 23 de abril de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-32/11, OU-S-10/2012, OU-S-11/2012, OU-S-12/2012 e OU-S-16/12 por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-32/11, OU-S-10/2012, OU-S-11/2012, OU-S-12/2012 e OU-S-16/12, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Advírteselles aos titulares dos establecementos denunciados que, de conformidade co artigo 13.2.º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuaren alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lles imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-32/2011.

Titular sancionado: Servicios e Inversiones Stote, S.L.

Establecemento: praza do Ferro.

Domicilio: Santo Domingo, 5.

Localidade: Ourense.

Incoación: 21 de xullo de 2011.

Precepto infrinxido: artigo 70.a) e 70.n) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro.

Expediente: OU-S-10/2012.

Titular sancionada: Teresa Gil Fernández.

Establecemento: Peña Trevinca.

Domicilio: rúa Nova, 13.

Localidade: A Veiga.

Incoación: 28 de marzo de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: apercibimento, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Expediente: OU-S-11/2012.

Titular sancionada: Isabel Inés Vargas Franco.

Establecemento: café bar Reboredo.

Domicilio: Reboredo.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Incoación: 29 de marzo de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Expediente: OU-S-12/2012.

Titular sancionada: Isabel Inés Vargas Franco.

Establecemento: restaurante Reboredo.

Domicilio: Reboredo.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Incoación: 29 de marzo de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cen (100) euros, para cada unha das tres infracción indicadas, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Expediente: OU-S-16/2012.

Titular sancionado: Pablo Manuel Fernández Álvarez.

Establecemento: El Asturiano.

Domicilio: Faustino Santalices, 17.

Localidade: Bande.

Incoación: 12 de abril de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

M.ª del Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo