Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-113/12 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impor esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.º d) da LOSC e coa disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación, para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, n.º 79 -2.º de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 7 de maio de 2012.

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-113/12.

CIF: 15974829-H.

Denunciado: Juan Benito Fernández Janeiro.

Enderezo: rúa Muralla, n.º 28 baixo. Verín (Ourense).

Establecemento: Latino.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-115/12.

NIE: 76729940-P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: rúa Tomás M.ª Mosquera, n.º 25 baixo. O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Principal.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-119/12.

CIF: 34935907-B.

Denunciado: Bernardino Rodríguez Martínez.

Enderezo: rúa Doutor Vila, n.º 33 baixo. A Rúa (Ourense).

Establecemento: Dipop.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-120/12.

CIF: 34935907-B.

Denunciado: Bernardino Rodríguez Martínez.

Enderezo: rúa Doutor Vila, n.º 33 baixo. A Rúa (Ourense).

Establecemento: Dipop.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-122/12.

CIF: 34993739-K.

Denunciado: Luís Bello Vázquez.

Enderezo: rúa Caridade, n.º 20 baixo. O Carballiño (Ourense).

Establecemento: A Botica.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-123/12.

CIF: 45145265-Z.

Denunciada: Ramona Emilia Canario Martínez.

Enderezo: rúa Perfectino Viéitez, n.º 12 baixo. O Carballiño (Ourense).

Establecemento: A Taberniña Latina.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-124/12.

CIF: 76733644-D.

Denunciada: Begoña M.ª Álvarez Salgueiro.

Enderezo: rúa dos Canteiros, n.º 1 baixo. A Rúa (Ourense).

Establecemento: A Esmorga.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.