Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2012/29-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.U.

Domicilio social: rúa do Balneario, 1, 36670 Cuntis.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Casaldrago.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z. de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio n.º 8 da L.M.T. principal As Cernadas-Aboi e final no C.T. proxectado. Centro de transformación (en apoio de formigón HV 1000 R13) de 50 kVA con R.T. 20 kV/400 V, situado en Casaldrago, San Clemente de Cesar, Caldas de Reis. Rede de baixa tensión aérea, de 1.400 metros, con condutor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra