Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19212

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 8 de maio de 2012 pola que se nomea a rexistradora da propiedade, mercantil e de bens mobles, pertencente ao corpo de aspirantes para o rexistro vacante da comunidade autónoma que se cita.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, pola Orde do Ministerio de Xustiza 260/2012, do 2 de febreiro (BOE do 16 de febreiro), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles, vacantes nesta comunidade autónoma, e consonte os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado por Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 2 de marzo de 2012 e resolto por Resolución do 16 de abril de 2012 e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear a rexistradora pertencente ao corpo de aspirantes comprendidos na citada orde ministerial e que no anexo se relaciona para prover o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Mónica Gamallo Rivero, aspirante número 33 para o Rexistro da Propiedade do Carballiño (Ourense).