Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19207

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Artes Escénicas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Artes Escénicas, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Artes Escénicas

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

9

Optativas

42

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Orientación A: Estudos Literarios e Teatrais

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución á Investigación Científica e Métodos de Investigación nas Ciencias Humanas e Sociais

3

Obrigatorio

1. Teorías e Métodos da Investigación Científico-Literaria

Elaboración de Proxectos de Investigación: Deseño, Recursos e Ferramentas

3

Obrigatorio

Liñas de Investigación no Ámbito dos Estudos Escénicos e a Educación Teatral e Deseño de Proxectos

3

Obrigatorio

Mundo Antigo: Teatro, Poética e Representación

3

Optativo

2A. Estudos Escénicos

Festas, Cerimonias e Espectáculos Cortesanos na Idade Media

3

Optativo

Teatro e Cine: Relacións Interartísticas

3

Optativo

Novas Linguaxes Escénicas e Dramaturxias da Imaxe: Novos Paradigmas para o Espectáculo Escénico

3

Optativo

Dramaturxias do Absurdo e do Paradoxo

3

Optativo

Historia Crítica do Teatro

3

Optativo

Análise e Crítica de Espectáculos

3

Optativo

Socioloxía do Teatro Breve: do Entremés ao Xénero Chico

3

Optativo

Teatro e Espectáculo nos Séculos XVI, XVII e XVIII

3

Optativo

Artes e Representación no Século XIX

3

Optativo

O Teatro de Valle-Inclán

3

Optativo

A Literatura Dramática Española Contemporánea: Séculos XX-XXI

3

Optativo

Teatro Latinoamericano Contemporáneo

3

Optativo

Teatro Contemporáneo: Canadá, Galicia, Portugal

3

Optativo

Teorías da Educación, Teorías do Aprendizaxe e Psicoloxía do Desenvolvemento

6

Optativo

2B. Teorías da Educación

Métodos de Ensino, Deseño Curricular e Programación Didáctica

3

Optativo

Planificación Didáctica e Avaliación: das Unidades ás Actividades de Aula

3

Optativo

A Renovación Pedagóxica e a Organización Escolar

3

Optativo

Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral

3

Optativo

2C. Teorías da Educación e da Animación Teatral

Espazos, Tempos e Beneficiarios dos Programas de Educación e Animación Teatral

3

Optativo

Deseño e Avaliación de Programas de Animación e Educación Teatral

3

Optativo

Técnicas de Expresión e Representación Dramática e Teatral

3

Optativo

2D. Métodos e Recursos en Expresión Dramática e Teatral

O Taller de Teatro e os Recursos na Creación Teatral

3

Optativo

A Realización Teatral e a súa Difusión

3

Optativo

Traballo Fin de Máster

9

Obrigatorio

3. Traballo Fin de Máster

O Espectáculo Escénico: Concepto e Tipoloxías. O Texto Dramático como Pretexto. Análise Escénica de Textos: Xénero e Estilos

3

Optativo

4. Espectáculo Escénico e Dramaturxia

O Proceso de Dramaturxia

3

Optativo

Ortofonía e Expresión Oral

3

Optativo

Movemento Expresivo

3

Optativo

Danza

3

Optativo

Improvisación

3

Optativo

O Taller de Creación

3

Optativo

Interpretación

3

Optativo

Dirección de Escena

3

Optativo

Dirección de Actores e Actrices

3

Optativo

Deseño Escénico

3

Optativo

Para a obtención do título de máster universitario en Artes Escénicas o alumnado pode elixir entra as orientacións A ou B. Se escolle a orientación A, ten que matricularse de 9 ECTS obrigatorios do módulo 1; 9 ECTS obrigatorios do módulo 3; e 42 ECTS optativos (o alumnado pode optar por cursar todos os do módulo 2A ou ben 36 ECTS do módulo 2A e 6 ECTS optativos a escoller entre as materias ofertadas nos módulos 2B, 2C, 2D e 4, tendo en conta que deste último módulo só se poden escoller 6 ECTS).

Orientación B: Educación e Animación Teatral

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución á Investigación Científica e Métodos de Investigación nas Ciencias Humanas e Sociais

3

Obrigatorio

1. Teorías e Métodos da Investigación Científico-Literaria

Elaboración de Proxectos de Investigación: Deseño, Recursos e Ferramentas

3

Obrigatorio

Liñas de Investigación no Ámbito dos Estudos Escénicos e a Educación Teatral e Deseño de Proxectos

3

Obrigatorio

Mundo Antigo: Teatro, Poética e Representación

3

Optativo

2AA. Estudos Escénicos

Festas, Cerimonias e Espectáculos Cortesáns na Idade Media

3

Optativo

Teatro e Cine: Relacións Interartísticas

3

Optativo

Novas Linguaxes Escénicas e Dramaturxias da Imaxe: Novos Paradigmas para o Espectáculo Escénico

3

Optativo

Dramaturxias do Absurdo e do Paradoxo

3

Optativo

Historia Crítica do Teatro

3

Optativo

Análise e Crítica de Espectáculos

3

Optativo

Socioloxía do Teatro Breve: do Entremés ao Xénero Chico

3

Optativo

Teatro e Espectáculo nos Séculos XVI, XVII e XVIII

3

Optativo

Artes e Representación no Século XIX

3

Optativo

O Teatro de Valle-Inclán

3

Optativo

A Literatura Dramática Española Contemporánea: Séculos XX-XXI

3

Optativo

Teatro Latinoamericano Contemporáneo

3

Optativo

Teatro Contemporáneo: Canadá, Galicia, Portugal

3

Optativo

Teorías da Educación, Teorías da Aprendizaxe e Psicoloxía do Desenvolvemento

6

Optativo

2BA. Teorías da Educación

Métodos de Ensino, Deseño Curricular e Programación Didáctica

3

Optativo

Planificación Didáctica e Avaliación: das Unidades ás Actividades de Aula

3

Optativo

A Renovación Pedagóxica e a Organización Escolar

3

Optativo

Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral

3

Optativo

2CA. Teorías da Educación e da Animación Teatral

Espazos, Tempos e Beneficiarios dos Programas de Educación e Animación Teatral

3

Optativo

Deseño e Avaliación de Programas de Animación e Educación Teatral

3

Optativo

Técnicas de Expresión e Representación Dramática e Teatral

3

Optativo

2DA. Métodos e Recursos en Expresión Dramática e Teatral

O Taller de Teatro e os Recursos na Creación Teatral

3

Optativo

A Realización Teatral e a súa Difusión

3

Optativo

Traballo Fin de Máster

9

Obrigatorio

3. Traballo Fin de Máster

O Espectáculo Escénico: Concepto e Tipoloxías. O Texto Dramático como Pretexto. Análise Escénica de Textos: Xénero e Estilos

3

Optativo

4A. Espectáculo Escénico e Dramaturxia

O Proceso de Dramaturxia

3

Optativo

Ortofonía e Expresión Oral

3

Optativo

Movemento Expresivo

3

Optativo

Danza

3

Optativo

Improvisación

3

Optativo

O Taller de Creación

3

Optativo

Interpretación

3

Optativo

Dirección de Escena

3

Optativo

Dirección de Actores e Actrices

3

Optativo

Deseño Escénico

3

Optativo

Para a obtención do título de máster universitario en Artes Escénicas o alumnado pode elixir entre as orientacións A ou B. Se escolle a orientación B a matrícula depende da titulación de procedencia. Titulados universitarios de Arte Dramática e outras titulacións, agás titulados universitarios de Ciencias da Educación: o alumnado ten que matricularse obrigatoriamente dos 51 ECTS dos módulos: 1, 2B, 2C, 2D e 3 e de 9 ECTS optativos que escollerá entre as materias ofertadas nos módulos 2A e 4. Titulados universitarios de Ciencias da Educación: o alumnado ten que matricularse obrigatoriamente dos 36 ECTS dos módulos 1, 2C, 2D e 3 e de 24 ECTS optativos que escollerá entre as materias ofertadas nos módulos 2A e 4 (deste módulo só se poden escoller 6 ECTS).