Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de maio de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/71-0, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do destinatario.

O instructor do expediente sancionador o día 24 de abril de 2012 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/71-0, incoado polas obras consistentes en vertedura de entullo de obra, almacenaxe de pedra e construción dunha cimentación de formigón armado no lugar dos Castelos, parroquia de Aguiño, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Manuel Castiñeiras Castromán e a M.ª Dolores Ayaso Paz, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística