Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previás á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto modificado n.º 1 de construción de mellora da seguranza viaria no treito San Roque de Coristanco, p.q. 35+000 ao 37+000 da AC-552, de clave AC/07/236.06.M1, termo municipal de Coristanco.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2.º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao programa 512-B (construción, conservación e explotacións de estradas).

Con data do 8 de marzo de 2012 procédese á aprobación do proxecto modificado n.º 1 de construción de mellora da seguranza viaria no treito San Roque de Coristanco, p.q. 35+000 ao 37+000 da AC-552, de clave: AC/07/236.06.M1, termo municipal de Coristanco pola directora xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con data do 14 de xaneiro de 2010 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 4/2010, publicado no DOG n.º 19, do 29 de xaneiro de 2010.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares dos bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Coristanco.

Día: 5 de xuño de 2012.

Horario: das 9.30 ás 12.00 horas.

De Caamaño Pensado Erminda a Taibo Trigo María.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no concello de Coristanco e no Servizo Provincial da Coruña, dependente da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, n.º 2, 8.ª planta. 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados por a persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo Provincial da Coruña