Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Ubalda Ingeniería, S.L. a Resolución do 16 de marzo de 2012, segundo o disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2012/03.

Intentada a práctica da notificación con Ubalda Ingeniería, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizala; por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria encadrado na Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4.ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e de conformidade co establecido no artigo 37.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación desta resolución, poñéndolle de manifesto o expediente no enderezo arriba indicado, para que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere pertinentes na defensa dos seus intereses (trámite de audiencia).

De acordo co artigo 77.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o inicio do procedemento de reintegro interromperá o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 desta mesma lei, que indica que prescribirá aos catro anos.

Así mesmo, infórmase que segundo o artigo 38.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de reintegro será de doce meses desde a data do acordo de iniciación. O dito prazo poderá suspenderse e ampliarse de acordo co previsto nos números 5 e 6 do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se transcorrer o prazo para resolver sen que se notificase resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento, sen prexuízo de continuar as actuacións ata a súa terminación e sen que se considere interrompida a prescrición polas actuacións realizadas ata a finalización do citado prazo.

Persoa xurídica: Ubalda Ingeniería, S.L.

CIF: B15897580.

Último enderezo coñecido: rúa Miño, 6-1.º, 27001 Lugo.

Data da resolución: 16 de marzo de 2012.

Asunto: expediente: CEI-SX-2012/03. Resolución pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro e a revogación da subvención concedida na anualidade 2009 ao abeiro da Orde do 7 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos e servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010 e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, por importe de 40.000,00 €.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria