Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2011/0292-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2011/0292-4.

Acta: I362011000095912.

Empresa: Solucións Integrais de Enxeñería Civil, S.L.

NIF: B36534592.

Enderezo: Ponte Bora, 24, Bora, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 11.1.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.23.b), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 10.2.2012.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 23 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo