Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (López González, Felipe).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8-4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencias

López González, Felipe

34993089S

Salgueiral, 6, 2.º B

32300 O Barco de Valdeorras

Ourense

11790151230