Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 24 de abril de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 e 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección, o Servizo de Turismo, dependente desta secretaría xeral, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta secretaría xeral acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, no Servizo de Turismo de Ourense.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo

ANEXO

Establecemento: café-bar Asociación San Pío X.

Titular: Elitia Iglesias García.

Enderezo: rúa Nosa Sra. do Cristal, n.º 12.

Concello: Ourense.

Establecemento: café-bar La Cantina.

Titular: María del Pilar Conde Cerzón.

Enderezo: avda. de Ourense, n.º 144.

Concello: Xinzo de Limia.

Establecemento: bar Club La Cueva.

Titular: Ana López Valencia.

Enderezo: rúa Padilla, n.º 6.

Concello: Ourense.

Establecemento: bar Club Tu y Yo.

Titular: Josefa Ferreiro Rodríguez.

Enderezo: rúa Padilla, n.º 6.

Concello: Ourense.

Establecemento: café-bar Rialto.

Titular: Manuel Muñoz Iglesias.

Enderezo: rúa Ramón Cabanillas, n.º 8.

Concello: Ourense.

Establecemento: café-bar Piñeiro.

Titular: José Piñeiro Salgado.

Enderezo: rúa dos de Mayo, n.º 18.

Concello: Ourense.

Establecemento: café-bar Mariola.

Titular: Piedad Mercedes Florentino Villar.

Enderezo: praza da Cantiga, n.º 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: restaurante Castro.

Titular: Manuel y José Luis Hermida, S.C.

Enderezo: lugar Vilarnaz-km 8.

Concello: Coles.

Establecemento: vivenda turística Casal de Campo.

Titular: Pilar Parente Fernández.

Enderezo: lugar Tioira, n.º 104.

Concello: Maceda.

Establecemento: vivenda turística O Paraxe da Grova.

Titular: Aranzazu Manzanares Moyano.

Enderezo: lugar do Cexo.

Concello: Verea.

Establecemento: vivenda turística Palleiriña.

Titular: M.ª Neomisa Parada Barbadaes.

Enderezo: lugar Figueiredo.

Concello: San Amaro.