Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución que desestima o recurso de reposición RR-003/11 interposto por Rebeca Costas Camiña contra a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-006/10.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución que desestima o recurso de reposición RR-003/11 interposto por Rebeca Costas Camiña contra a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-006/10 que se detalla no anexo.

Pontevedra, 24 de abril de 2012.

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-006/10.

Nome: Rebeca Costas Camiña.

Enderezo: avenida de Galicia, Teis, núm. 89, bloque 23, baixo A, Vigo, Pontevedra.

Asunto: resolución que desestima o recurso de reposición RR-003/11 interposto por Rebeca Costas Camiña contra a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-006/10.

Indicación do contido: acordar a desestimación do recurso de reposición RR-003/11 interposto por Rebeca Costas Camiña, contra a Resolución do 15 de novembro de 2010 ditada polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra no expediente de desafiuzamento por ocupación sen título DT-006/10, pola que se acordou o lanzamento da recorrente e demais ocupantes sen título da vivenda de promoción pública situada na avenida de Galicia, núm. 89, bloque 23, baixo A, Vigo, Pontevedra, identificada co expediente de construción PO-83/410, conta 101, resolución que se confirma.

Recursos: contra esta resolución, que é firme en vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado correspondente dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro recurso que consideren pertinente.