Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, por promoción interna, dunha praza de administrativo. Servizos xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 92, do 21 de abril de 2012, publicáronse integramente as bases que deberán rexer no concurso-oposición, reservado a promoción interna, convocado para prover a seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario deste concello:

– Unha praza de administrativo. Servizos xerais, grupo C, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribeira de Piquín, 25 de abril de 2012.

Sabino Díaz Fernández
Alcalde