Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación de alteración do uso dotacional dunha parcela (expediente planeamento urbanístico 2012001095).

Anúnciase que o Concello en Pleno, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria, do 12 de abril do ano 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar a alteración do uso dotacional público cultural previsto na modificación puntual aprobada o 12 de decembro de 1997 do PGOU de 1986 para a parcela 3a da área A da zona 7 do SU 25, que pasa a ter un uso dotacional deportivo público».

Ourense, 24 de abril de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde-presidente