Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Esgos

ANUNCIO de información pública relativo ao plan parcial do sector S-2.

Aprobado inicialmente o plan parcial que afecta o sector S-2 para o desenvolvemento dun polígono industrial e comercial que desenvolve o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Esgos, por acordo do Pleno do 15 de marzo de 2012, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 1 mes, contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son os terreos do polígono industrial e comercial. O período de suspensión é de 1 ano.

Esgos, 11 de maio de 2012.

Mario Rodríguez González
Alcalde