Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de información pública sobre actividade dunha planta de coxeración con biomasa forestal no parque empresarial da Trabe (expediente 2012/U006/000001).

Agustín Muñoz León, en representación de Auténtica Generación Distribuída de Castilla y León S.L. (AGD CyL S.L.) solicitou neste concello licenza municipal para a actividade dunha planta de coxeración con biomasa forestal no parque empresarial da Trabe (parcelas 23-24), de Cedeira.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública de 20 días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, e no taboleiro de anuncios do concello, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselles aos interesados, aos cales non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados para todos os efectos, informándooss do prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para alegaren o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello durante o horario de atención ao público.

Cedeira, 13 de abril de 2012.

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde