Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Narahío, S.A.
Domicilio social: Vista Alegre s/n, Doso, 15577 Narón.
Denominación: L.M.T. e C.T. Vilela.
Situación: San Sadurniño.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,700 km en condutor LA-56, coa orixe na L.M.T. ao C.T. Portolamas e remate no C.T. aéreo Vilela de 100 kVA de potencia. Concello de San Sadurniño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de marzo de 2008.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña