Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO sobre licenza de actividade para a instalación dun centro de recollida de aceites usados e augas hidrocarburadas.

Ingaroil, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal de actividade para a instalación dun centro de recollida de aceites usados e augas hidrocarburadas, sito na rúa Pai Eliseo s/n desta localidade, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia), as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 30 de abril de 2012.

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde