Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da instalación e explotación de servizos de tempada nas praias do concello de Vigo (expediente 8649-306).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. N.º expediente 8649-306.

2. Obxecto do contrato: descrición: instalación e explotación de servizos de tempada nas praias do concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: tempada estival do ano 2012 (entre o 1 de xuño e o 30 de setembro).

Lotes: si: 5. L.1: areal da Punta (A Guía) e areal do Vao; L.2: areal de Santa Baia (Alcabre); L.3: areal do Tombo do Gato; L.4: areal do Vao; L.5: areal da Etea-Ríos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Canon que se deberá aboar ao concello: lote 1: 2.369,2 euros; lote 2: 542 euros; lote 3: 928,6 euros; lotes 4 e 5: 1.584,6 euros.

5. Garantías provisionais: si: 600 euros para cada un dos lotes.

6. Obtención da documentación e información: páxina web do Concello de Vigo, www.vigo.org, perfil do contratante; teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos oito (8) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida na cláusula 5 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: a data e hora de apertura de ofertas económicas anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 11 de maio de 2012.

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación