Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de información pública sobre a actividade de fabricación de vehículos de motor na Torre-Campaña.

URO Vehículos Especiales, S.A. representada por José Sierra Fernández, presentou neste concello solicitude de licenza municipal para a actividade de fabricación de vehículos de motor, e Proyectos Industriales e Inversiones Valtor, S.A., representada por Carlos Alberto Gómez Castro, presentou solicitude de licenza de obra maior para rehabilitación e adecuación de nave industrial no lugar da Torre-Campaña (Valga). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que xulguen oportunas.

Valga, 24 de abril de 2012.

José María Bello Maneiro
Alcalde