Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de información pública sobre actividade de taller mecánico.

Manuel Martínez Catoira, actuando en representación de Talleres Martínez, S.L. presentou neste concello solicitude de licenza municipal para a actividade de taller mecánico. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que xulguen oportunas.

Valga, 6 de marzo de 2012.

José María Bello Maneiro
Alcalde