Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de información pública sobre a actividade de establecemento destinado a mecánica rápida e lavado de coches no Forno-Cordeiro.

Víctor Manuel Couselo Ferreirós presentou neste concello solicitude de licenza municipal para a actividade de establecemento destinado a mecánica rápida e lavado de coches, no lugar do Forno, 126-Cordeiro (Valga). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que xulguen oportunas.

Valga, 5 de marzo de 2012.

José María Bello Maneiro
Alcalde