Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18927

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANUNCIO do 11 de maio de 2012 polo que se fai pública a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se anuncia a apertura do prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula da Escola Infantil de Mera (concello de Oleiros).

De conformidade coa resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 11 de maio de 2012, anúnciase a apertura do prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula de usuarios/as da Escola Infantil de Mera (concello de Oleiros) integrada na Rede de escolas infantís de Galicia para o curso escolar 2012/2013.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio e na súa páxina web, www.igualdadebenestar.org, así como no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros e nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio no dito concello.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar