Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (2/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 2/2012 por instancia de Fidel Añón García contra Concret Impress, S.L. sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 24 de abril de 2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Fidel Añón García, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a entidade Concret Impress, S.L., en rebeldía procesual, e en consecuencia debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado ao citado demandante, e ao ser imposible a readmisión, e debido á situación de peche da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo que o unía coa entidade Concret Impress, S.L. na data da presente resolución, e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante unha indemnización por despedimento de 18.876,52 euros, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, que ascenden a 6.539,88 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá de ser condenado o empresario, no momento de interpor o recurso consignando a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 65000212.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Concret Impress, S.L., expido e asino o presente edicto na Coruña, 25 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado