Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 315/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Carral-Eirís soterramento sub. Carral-AP228.

Situación: concello de Carral.

Características técnicas: instalación baixo a traza da liña A.T. aérea a 66 kV, dun novo apoio 228-PAS de transición FL e retensamento do condutor entre os apoios que se van instalar e o existente 229, en condutor AL-Ac 18,2, así como a desmontaxe dos apoios número 223, 224, 225, 226, 227 e 228 do tramo aéreo entre os apoios 222-PAS e 228.

Liña eléctrica de alta tensión subterránea a 66 kV, cunha lonxitude de 1.360 m, con orixe no apoio 228-PAS e final na subestación de Carral, en condutor R.H.Z.1 36/66 kV 1×630 mm² Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña