Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 47/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Morás 66 kV, nova construción.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Subestación eléctrica de relación de transformación 66/15 kV e unha potencia instalada de 2×25 mVA ampliable a 3×25 mVA. Alimentación a subestación a tensión de 66 kV das liñas de Sabón e Eirís.

Subestación constituída por un parque intemperie con 2 transformadores de potencia e un edificio prefabricado que albergará as celas de A.T., M.T., o cadro de distribución de B.T., as baterías de 125 e 48 V.c.c. e os equipamentos de comunicación e telecontrol.

Sistema de 66 kV formado por un conxunto de celas de A.T. blindadas encapsuladas, con illamento en SF6, con dobre xogo de barras, que consta de 6 posicións: 2 posicións de liña, 2 posicións de transformador, 1 posición de medida de tensión de barra e 1 posición de acoplamento transversal, con espazo para outras tres posicións GIS 66 kV.

Sistema de 15 kV formado por un conxunto de celas de M.T. formado por 14 posicións: 8 celas barra dobre posición de liña, 2 celas barra dobre posición transformador, 1 cela barra dobre medida de barras, 1 cela barra dobre posición acoplamento transversal e 2 celas barra dobre posición de servizos auxiliares. Con espazo para otras catro posicións de M.T.

Servizos auxiliares constituídos polos seguintes equipamentos: un cadro de distribución de B.T., un equipamento cargador de batería de 125 V.c.c., un equipamento cargador de batería de 48 V.c.c, un armario U.C.I., un equipamento de comunicacións, dous transformadores de servizos auxiliares de 160 kVA e relación de transformación de 15.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña