Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN 407A 49/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Enderezo: rúa José Ángel Valente, n.º 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: Centro Proteccións Lavacolla.

Concello afectado: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Tipo: centro de seccionamento e protección en caseta de obra civil existente (expediente 51.056).

Aparamenta M.T.: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L+1P+1M (tres celas de interruptor automático + unha cela de protección con trafos de tensión para alimentación de servizos auxiliares e unha cela de medida).

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1.º e 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña