Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1179/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José María Busto Busto, Carlos Alberto Barbeito Louro, Santiago López Otero, Gumersindo Ruibal Santos contra Imagen y Grafismos, S.A. (Imyg, S.A.), Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1179/2009, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Asunto 1179/2009.

Na cidade da Coruña, 19 de abril de 2012.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Gumersindo Ruibal Santos, José María Busto Busto, Santiago Lóez Otero e Carlos Alberto Barbeito Louro, que comparecen representados polo letrado Sr. Pedreira Candal contra a empresa Imagen y Grafismos, S.A. (Imyg, S.A.) e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza/Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Gumersindo Ruibal Santos, José María Busto Busto, Santiago López Otero e Carlos Alberto Barbeito Louro contra a empresa Imagen y Grafismos, S.A. (Imyg, S.A.), condénoa a que lles aboe a cada un as cantidades de catro mil catrocentos euros e setenta e seis céntimos (4.400,76 €) ao Sr. Ruibal, catro mil seiscentos setenta e seis euros e trinta e sete céntimos (4.676,37 €) ao Sr. Busto, tres mil doce euros e corenta e tres céntimos (3.012,43 €) ao Sr. López e tres mil douscentos oitenta e dous euros e trinta e nove céntimos (3.282,39 €) para o Sr. Barbeito, incrementadas todas elas co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Imagen y Grafismos, S.A. (Imyg, S.A.), expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

A secretaria xudicial