Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (193/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Rafael Rey Sanmartín contra Konstruplus, S.L., Fogasa, De Konstruplus, S.L. administrador concursal, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 193/2010, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

Na Coruña, vinte e tres de abril de dous mil doce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 19 de marzo de 2012 foi ditada sentenza por este xulgado do social en autos de demanda 193/2010, sentenza que foi notificada ás partes.

Fundamentos xurídicos.

Único. Conforme se establece no artigo 267.1 e 3 da Lei orgánica do poder xudicial, os erros materiais manifestos ou erros aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. No suposto de autos existe un erro material na cantidade detallada en letra, na parte dispositiva da sentenza en tal sentido “...condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 6.335,84 € (nove mil duascentas sesenta e cinco euros con noventa e catro céntimos)...” debe dicir “...condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 6.335,84 € (seis mil trescentos trinta e cinco euros con oitenta e catro céntimos)...”.

Vistos os preceptos legais e demais de concordancia aplicación.

Parte dispositiva.

Procede corrixir o erro material manifesta na sentenza ditada nos presentes autos nos termos indicados no fundamento xurídico único da presente resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así o mando o asino por este auto. Carlos Villarino Moure. Dou fe.

O maxistrado xuíz O secretario xudicial».

E para que sirva de notificación a Konstruplus, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

O secretario xudicial