Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18592

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (653/2010).

Procedemento: modificación de medidas suposto contencioso 653/2010.

Sobre outras materias.

De: José Carlos Otero González.

Procuradora: María Jesús Fernández Rial López.

Contra: Adelaida María Pérez Pardo.

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente

Anuncio que no presente procedemento de modificación de medidas suposto contencioso, seguido por instancia de José Carlos Otero González fronte a Adelaida María Pérez Pardo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 140.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2011.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de modificación de medidas definitivas número 653/2010, promovido pola procuradora Sra. Fernández Rial, en nome e representación de José Carlos Otero González, asistido do letrado Sr. Sabín Sabín fronte a Adela María Pérez Pardo, maior de idade, citada en autos, declarada en rebeldía procesual sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decisión.

Que estimando integramente a demanda de modificación de medidas definitivas interposta pola procuradora Sra. Fernández Rial, en nome e representación de José Carlos Otero González, asistido do letrado Sr. Sabín Sabín fronte a Adela María Pérez Pardo, maior de idade, citada en autos, declarada en rebeldía procesual, sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, procede decretar a supresión da pensión de alimentos establecida a favor da filla común Adriana Otero Pérez en sentenza de divorcio de data 2.2.1993, parcialmente revogada por SAP Coruña de data 17.11.1993.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 457 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito de 50 € previsto na disposición adicional 15.ª da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E encontrándose a dita demandada, Adelaida María Pérez Pardo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

O secretario xudicial