Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18590

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (324/2010).

Rolo: recurso de apelación (LACN) 324/2010.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo.

Procedemento de orixe: xuízo verbal 132/2009.

Apelantes: Zurich, Mutua Madrileña Automovilista.

Procuradores: Rafael María Luis Tovar de Castro, Visitación Heliodora González Pereira.

Apelados: Zurich, Ramón Facal Turnes.

Procuradores: Rafael María Luis Tovar de Castro, Xulio Xabier López Valcárcel.

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña fago saber que no rolo de apelación arriba citado se ditou sentenza en data 31 de maio de 2011 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Audiencia Provincial, sección quinta, A Coruña.

Rolo: 324/2010.

Procedemento de orixe: xuízo verbal civil número 132/2009.

Xulgado de procedencia: Xultado de Primeira Instancia número 1 de Carballo.

Deliberación: o día 10 de maio de 2011.

A sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome de El-Rei a seguinte:

Sentenza n.º 224/2011.

Sres. maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo e M.ª del Carmen Vilariño López.

A Coruña, 31 de maio de 2011.

No recurso de apelación civil número 324/2010, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Carballo, en xuízo verbal civil número 132/2009, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 2.086,50 euros, seguido entre partes: como demandante-apelado Ramón Facal Turnes; como demandados-apelantes Javier Vilariño Patino e a compañía aseguradora Mutua Madrileña Automovilística, e a compañía aseguradora Zurich España, S.A.; e tamén como demandado José Tomás Vales Mallo. Sendo relatora a maxistrada María del Carmen Vilariño López.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decisión.

Que con desestimación dos recursos de apelación formulados polas representacións procesuais de Javier Vilariño Patino e de Mutua Madrileña Automovilística e de Zurich España, S.A. contra a sentenza de data 14 de outubro marzo de 2009, ditada nos autos de que este rolo dimana polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Carballo, debemos confirmala e confirmámola; con imposición aos recorrentes das custas percibidas nesta alzada a consecuencia dos seus respectivos recursos.

E ao xulgado de procedencia expídase a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu».

E encontrándose o dito demandado, Javier Vilariño Patiño, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin que sirva de notificación en forma a este.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial