Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18582

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, arqueometría, grupo I, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 23 de decembro de 2011 (DOG do 5 de xaneiro e BOE do 24 de xaneiro de 2012) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, arqueometría da USC, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 9 de marzo de 2012 (DOG do 26 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 20 de xuño de 2012, ás 10.00 horas, na Sala de Reunións do edificio Cactus, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizará o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela