Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18580

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de técnico de grao medio en normalización lingüística, vacantes na relación de postos de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 13 de xaneiro de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de técnico de grao medio en normalización lingüística (grupo II), da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado pola Resolución do 13 de xaneiro de 2011 (DOG do 9 de febreiro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a
provisión de prazas de técnico de grao medio en normalización lingüística,
vacantes no cadro de persoal laboral de
administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas
pola Resolución do 13 de xaneiro de 2011 (DOG do 9 de febreiro)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

78797744-C

Mosquera Carregal, Xesús Manuel

Libre

73,3

35470676-F

Pino Ramos, Sara

Libre

66,125