Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18579

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se prorroga o nomeamento como persoal emérito de Ovidio Fernández Álvarez.

O Decreto 36/2010, do 11 de marzo, polo que se regula o procedemento para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario, establece no seu artigo 8 que este se fará por un período dun ano. Transcorrido este prazo e por proposta da xerencia de área a que está adscrito o persoal emérito, coa conformidade da persoa interesada, poderao prorrogar por períodos anuais a autoridade que conferiu este, en función das necesidades da institución.

A Orde do 27 de outubro de 2010, que desenvolve o decreto anterior, recolle no seu artigo 6 o procedemento para levar a cabo as ditas prórrogas.

No Diario Oficial de Galicia do 17 de marzo de 2011 foi publicada a resolución pola que se nomeou persoal emérito do Servizo Galego de Saúde a Ovidio Fernández Álvarez.

De acordo co anterior, unha vez elevada a proposta da comisión de valoración favorable á prórroga do nomeamento de Ovidio Fernández á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, en uso das facultades atribuídas polo Decreto 36/2010, do 11 de marzo; o Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, e o Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Prorrogar o nomeamento como persoal emérito do Servizo Galego de Saúde de Ovidio Fernández Álvarez, asignado ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), por un período dun ano con efectos do 18 de marzo de 2012.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, sen prexuízo da interposición do recurso de reposición ante o mesmo órgano, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade