Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18586

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5397/2008 MCR).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5397/2008 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 474/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidas por Ibermutuamur contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Antonio Veiga Otero, sobre reintegro de prestacións, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da mutua Ibermutuamur contra a Sentenza de data dezaseis de abril do ano dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, en proceso tramitado por instancia da mutua recorrente, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e Antonio Veiga Otero, debemos declarar e declaramos a nulidade do actuado a partir do momento en que se ditou a sentenza impugnada, incluída esta, con reposición das actuacións no momento inmediatamente posterior á conclusión do acto do xuízo, co fin de que o maxistrado de instancia proceda a ditar nova sentenza con liberdade de criterio e plenitude de xurisdición, na cal se emenden os defectos indicados no fundamento de dereito da presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Antonio Veiga Otero, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial