Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (230/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 230/2010, por instancia de Francisco Javier Iglesias Suárez, José Antonio Regueiro Mosquera e Marcos Vázquez Gómez contra Fabricación Armarios Noroeste, S.L., sobre salarios, en que recaeu sentenza con data 27 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Francisco Javier Iglesias Suárez, José Antonio Regueiro Mosquera e Marcos Vázquez Gómez, todos eles asistidos polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a entidade Fabricación Armarios Noroeste, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades polos conceptos xa especificados:

A Francisco Javier Iglesias Suárez, a suma de 1.263,88 euros.

A José Antonio Regueiro Muñoz, a suma total de 4.140,69 euros.

A Marcos Vázquez Gómez, a suma total de 4.140,69 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Fabricación Armarios Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado