Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1169/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1169/2011, por instancia de Mary Cledis Vallejos Acosta, Washington Flores, Danute Launertaityte contra Imperio Dama, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 23 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Mary Cledis Vallejos Acosta, Washington Flores e Danute Launertaityte, todos eles asistidos polo letrado Pedro Nogueira Esmorís, contra a entidade Imperio Dama, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia dos seus despedimentos e, debido á situación de ignorado paradoiro da empresa, declaro a extinción dos contratos de traballo que os unía coa empresa demandada na data desta resolución e condeno a empresa Imperio Dama, S.L. ao aboamento das seguintes cantidades a cada un dos demandantes:

1. Mary Cledis Vallejos Acosta percibirá unha indemnización de 3.219,11 euros, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, que ascenden a 6.119.07 euros.

2. Danute Launertaityte percibirá unha indemnización de 1.325,49 euros, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, que ascenden a 3.322,34 euros.

3. Por último. Washington Flores percibirá unha indemnización de 1.198,38 euros, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, que ascenden a 3.986,36 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Imperio Dama, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado