Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18072

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Convocada pola Resolución do 26 de setembro de 2011 (DOG n.º 207, do 28 de outubro) a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3º da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, convocado pola Resolución do 26 de setembro de 2011.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 17 de abril de 2012.

Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Nome e apelidos: M.ª Asunción Pérez García.

DNI: 76695334-V.