Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18074

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade Urxencias de Adultos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Convocada pola Resolución do 23 de setembro de 2011 (DOG n.º 205, do 26 de outubro), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Urxencias de Adultos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Urxencias de Adultos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2011.

Segundo. Declarar deserto o posto convocado por non acadar os aspirantes a puntuación exixida na defensa do proxecto técnico, de conformidade co establecido no base cuarta da resolución da presente convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 18 de abril de 2012.

Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo