Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Montes de Abella, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de febreiro de 2012, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Montes de Abella, promovido por Invertaresa, S.L.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Planeamento Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento nos concellos de Triacastela, Samos e Láncara quedou vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, modificada pola disposición adicional segunda da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial denominado parque eólico Montes de Abella.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

1. Relación co planeamento urbanístico.

1.1. Normativa urbanística.

• Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG do 31 de decembro), coas modificacións introducidas pola Lei 15/2004, do 29 de decembro (DOG do 31 de decembro); pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia (DOG do 16 de maio); pola Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia (DOG do 6 de xuño); pola Lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo (DOG do 30 de xuño); pola Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2009) e pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 (DOG do 31 de marzo de 2010).

• Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

• Nos casos de municipios con planeamento non adaptado atenderase ao disposto na disposición transitoria primeira, réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado, da mencionada Lei 9/2002.

1.2. Planeamento urbanístico vixente.

• Láncara.

Instrumento: normas subsidiarias de planeamento municipal.

Data aprobación: 13.3.1984.

• Samos.

Instrumento: delimitación de solo urbano.

Data aprobación: 29.9.1995.

• Triacastela.

Instrumento: carece de instrumento de planeamento municipal.

1.3. Clasificación do solo.

• Láncara.

Segundo o planeamento municipal, os terreos obxecto de estudo están catalogados como: solo rústico de protección ordinaria (segundo a disposición transitoria primeira, Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado, da Lei 9/2002).

1.4. Proposta de modificación do planeamento municipal.

1.4.1. Xeneralidades.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente nos dous municipios afectados para compatibilizar a infraestrutura proxectada cos ámbitos e condicións de uso e edificabilidade previstos actualmente.

1.4.2. Láncara.

1.4.2.1. Ámbito.

No planeamento municipal clasificarase o ámbito delimitado no plano 5 Planta xeral. Clasificación como solo rústico de protección de infraestruturas, conforme o artigo 37 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, coa normativa reflectida no seguinte punto.

1.4.2.2. Normativa.

1. Clasificación.

• Solo rústico de protección de infraestruturas.

2. Definición.

Está constituído polos terreos rústicos destinados á localización de infraestruturas e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación, como as de comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as destinadas á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización de recursos naturais (parques eólicos, centrais hidroeléctricas) ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme as previsións de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio.

3. Ámbito de aplicación.

O representado nos correspondentes planos de ordenación coa lenda «solo rústico de protección de infraestruturas».

4. Usos permitidos.

a) Usos permitidos por licenza municipal.

Infraestruturas, coas súas zonas de afección, destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas e as actividades forestais, mantendo as plantacións unha distancia mínima de 50 metros ao aeroxerador máis próximo. Non se poderá realizar ningunha edificación nun raio de 200 metros arredor dos aeroxeradores, coa excepción do edificio de control do propio parque eólico.

b) Usos autorizables pola Comunidade Autónoma.

Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, formación de socalcos, desmontes, recheos e outras análogas.

Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren.

5. Condicións da edificación.

Dada a singularidade, características e demanda de superficie deste tipo de instalacións, non se establece limitación de superficie mínima de parcela nin de altura máxima.

6. Servizos.

Conforme o establecido no artigo 42.1 da Lei 9/2002, o promotor da edificación ou infraestrutura deberá garantir:

– Acceso rodado.

– Abastecemento de auga.

– Evacuación e tratamento de augas residuais.

– Subministración de enerxía eléctrica.

– Recolla, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos.

– Dotación de aparcadoiros.

Estas solucións deberán ser asumidas como custo a cargo exclusivo do promotor da actividade.

1.4.3. Samos.

1.4.3.1. Ámbito.

No planeamento municipal clasificarase o ámbito delimitado no plano 5 planta xeral. Clasificación como solo rústico de protección de infraestruturas, conforme o artigo 37 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, coa normativa reflectida no seguinte punto.

1.4.3.2. Normativa.

Infraestruturas, coas súas zonas de afección, destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas e as actividades forestais, mantendo as plantacións unha distancia mínima de 50 m ao aeroxerador máis próximo. Non se poderá realizar ningunha edificación nun raio de 200 metros arredor dos aeroxeradores, coa excepción do edificio de control do propio parque eólico.

b) Usos autorizables pola Comunidade Autónoma.

Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, formación de socalcos, desmontes, recheos e outras análogas.

Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren.

5. Condicións da edificación.

Dada a singularidade, características e demanda de superficie deste tipo de instalacións, non se establece limitación de superficie mínima de parcela nin de altura máxima.

6. Servizos.

Conforme o establecido no artigo 42.1 da Lei 9/2002, o promotor da edificación ou infraestrutura deberá garantir:

– Acceso rodado.

– Abastecemento de auga.

– Evacuación e tratamento de augas residuais.

– Subministración de enerxía eléctrica.

– Recolla, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos.

– Dotación de aparcadoiros.

Estas solucións deberán ser asumidas como custo a cargo exclusivo do promotor da actividade.

1.4.4. Triacastela.

1.4.4.1. Ámbito.

No planeamento municipal clasificarase o ámbito delimitado no plano 5 planta xeral. Clasificación como solo rústico de protección de infraestruturas, conforme o artigo 37 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, coa normativa reflectida no seguinte punto.

1.4.4.2. Normativa.

1. Clasificación.

• Solo rústico de protección de infraestruturas.

2. Definición.

Está constituído polos terreos rústicos destinados á localización de infraestruturas e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación, como as de comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as destinadas á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización de recursos naturais (parques eólicos, centrais hidroeléctricas) ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme as previsións de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio.

3. Ámbito de aplicación.

O representado nos correspondentes planos de ordenación coa lenda «solo rústico de protección de infraestruturas».

4. Usos permitidos.

a) Usos permitidos por licenza municipal.

Infraestruturas, coas súas zonas de afección, destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas e as actividades forestais, mantendo as plantacións unha distancia mínima de 50 metros ao aeroxerador máis próximo. Non se poderá realizar ningunha edificación nun raio de 200 metros arredor dos aeroxeradores, coa excepción do edificio de control do propio parque eólico.

b) Usos autorizables pola Comunidade Autónoma.

Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, formación de socalcos, desmontes, recheos e outras análogas.

Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren.

5. Condicións da edificación.

Dada a singularidade, características e demanda de superficie deste tipo de instalacións, non se establece limitación de superficie mínima de parcela nin de altura máxima.

6. Servizos.

Conforme o establecido no artigo 42.1 da Lei 9/2002, o promotor da edificación ou infraestrutura deberá garantir:

– Acceso rodado.

– Abastecemento de auga.

– Evacuación e tratamento de augas residuais.

– Subministración de enerxía eléctrica.

– Recolla, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos.

– Dotación de aparcadoiros.

Estas solucións deberán ser asumidas como custo a cargo exclusivo do promotor da actividade.

1.5. Prazo.

A adecuación do planeamento urbanístico municipal vixente ao proxecto sectorial deberá realizarse coa redacción e tramitación de:

– A primeira modificación puntual que por calquera causa acorden os concellos afectados, que obviamente pode ser expresamente para esta adaptación.

– A revisión do planeamento urbanístico municipal vixente.

– A adaptación do planeamento á Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

1.6. Eficacia.

De acordo co establecido no artigo 24 da Lei 10/1995, a aprobación definitiva do proxecto sectorial polo Consello da Xunta de Galicia, seguindo o procedemento establecido no artigo 25, á marxe de cando adecuen o planeamento, implica para os concellos afectados a obriga de conceder a licenza de obras para as conseguintes instalacións, seguindo os trámites previstos na lexislación de réxime local e do procedemento administrativo común.