Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 250/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Couto-Meangos.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,194 km, con condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe en cela de liña existente no C.S. Investigacións Agrarias (expediente IN407A 2009/133), e final no C.T. Couto-Meangos proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas da rede de baixa tensión (R.B.T.) subterránea, cunha lonxitude total de 0,070 km (35 m por cada unha das súas saídas), con condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm² Al, con orixe nas dúas saídas do C.T.C. Couto-Meangos proxectado e final na rede aérea existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña