Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 294/1996).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T.S. rúa Rosalía de Castro (proxecto e anexo 1).

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas:

– Liña eléctrica subterránea de media tensión ao C.T. Rosalía de Castro n.º 35, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,344 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S., SMC-716 (expediente 31959), tramo entre o C.T. urbanización Areal Mar e o C.T. Caavamontes (expediente 290/1996), en condutor R.H.Z.1-OL-12/20 kV 3(1×1240 Al), e final no C.T. Rosalía de Castro n.º 35 proxectado.

– Centro de transformación cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación 15.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión aérea de 90 m de lonxitude en R.Z. e subterráneos 193 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña