Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/79-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, n.º 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Chan de Zudes.

Situación: Mondariz.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.-1 de 142 metros de lonxitude, con orixe e final na liña principal n.º 3, O Ceo-Sabaxáns-central de Maceira unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación (inclúe seccionamento) de 100 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Chan de Zudes, Lougares, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra