Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 2 de marzo de 2012, relativa ao proxecto do parque eólico Lagoa II (fase I e fase II), nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña), promovido por Engasa Lagoa, S.L.

Visto o artigo 5.7.º do Decreto 442/1990, do 13 de decembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG n.º 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 2 de marzo de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto do parque eólico Lagoa II (fase I e fase II), nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña), promovido por Engasa Lagoa, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://medioambiente.xunta.es/buscaExpedientes.do e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4.º andar, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas