Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Miño (expediente IN407A 6/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. rúa, 55.

Situación: concello de Miño.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,024 km, con condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe nos empalmes que se van realizar na L.M.T.S. PED-705 Miño-coxeración Lagasa 5, no tramo entre o C.T. avda. de José Antonio, n.º 21 (expediente IN407A 1999/062) e o C.T. travesía García Picos, n.º 2 (expediente IN407A 2000/266), e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T.S. rúa, 55 proxectado.

– Centro de transformación prefabricado subterráneo, cunha potencia de 400 kVA, con relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña