Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Proxecto sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento dos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante, no concello de Barreiros, aprobado definitivamente por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2012.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2012 do proxecto sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento dos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante, no concello de Barreiros, sometido a información pública mediante anuncio do 30 de xuño de 2011 (DOG n.º 134, do 13 de xullo).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de marzo, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia), fanse públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento dos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante, no Concello de Barreiros, para a súa entrada en vigor.

Normativa urbanística.

IV. Análise da relación do contido do proxecto sectorial co plan urbanístico vixente

IV.1. Articulación do proxecto sectorial co plan urbanístico vixente.

IV.1.1. A óptima articulación coa ordenación urbanística vixente como obxectivo estratéxico do proxecto sectorial.

Os plans de ordenación urbanística están vinculados xerarquicamente ás determinacións das directrices de ordenación do territorio e aos demais instrumentos establecidos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e deberán redactarse en coherencia con todos eles, segundo se dispón no art. 45.2. da LOUGA.

Consecuentemente con iso, o art. 8 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, regulador dos plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, establece a forza vinculante das determinacións destes plans e a súa prevalencia sobre as determinacións do plan urbanístico vixente, que deberá adaptarse ao contido dos plans e proxectos sectoriais que os afecten, no prazo que estes determinen e, en todo caso, á primeira modificación ou revisión daquel. Remárcase no art. 5 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación de territorio de Galicia, o carácter complementario e non excluínte dos instrumentos que, como os plans e proxectos sectoriais, están previstos nela, dos que respecto da ordenación urbanística do solo se regulan na súa lexislación específica.

Non obstante, esta posición de supremacía que rexe as relacións entre os proxectos sectoriais e a ordenación urbanística afectada por eles, constitúe, en si mesmo, un dos obxectivos estratéxicos deste proxecto sectorial optimizar a súa articulación coa ordenación urbanística vixente apoiándose nas súas propias previsións, reducindo ao máximo as determinacións do plan urbanístico que deban ser obxecto de modificación tras a aprobación e en virtude deste proxecto sectorial.

IV.1.2. A clasificación do solo. O solo urbano e o solo rústico de protección de infraestruturas.

A estes obxectivos sinalados no punto anterior responde a definición do ámbito territorial do proxecto sectorial, xa que a localización das actuacións previstas se proxecta fundamentalmente en espazos interiores aos núcleos urbanos existentes, polo que se minimiza ao máximo a afectación dos actuais usos do solo.

Por iso a articulación do proxecto sectorial co plan urbanístico vixente carece de aspectos significativos para os efectos da clasificación do solo, xa que o ámbito territorial das infraestruturas que constitúen o obxecto deste plan sectorial se corresponde, no substancial, con espazos urbanísticamente xa transformados e clasificados formalmente como solo urbano na ordenación urbanística en vigor.

Os devanditos ámbitos son os pertencentes aos terreos delimitados nos planos E/5000 e E/10.000 como solo urbano dos núcleos urbanos existentes de San Cosme de Barreiros, San Pedro de Benquerencia, San Miguel de Reinante e Reinante. Por conseguinte, non comporta a definición dun novo modelo de ocupación do territorio, nin implica a transformación ou a parcelación urbanística do solo; polo que tampouco resultan de aplicación as previsións contidas no novo número 7 engadido ao art. 23 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (LOT) en virtude da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Correlativamente, aínda que no presente proxecto sectorial de saneamento ten relevancia a localización de elementos proxectados fóra do solo urbano, estes localízanse principalmente baixo a rede de camiños existentes, polo que as infraestruturas proxectadas fóra do solo urbano e de sistemas viarios existentes se reduce á ampliación da EDAR de San Cosme e á EDAR de San Miguel. Os novos bombeos que se proxectan de Sarxende e Reinante tampouco implican unha modificación dos usos actuais do solo, xa que se buscou a súa localización dentro das propias parcelas ocupadas hoxe en día polas depuradoras existentes.

Nestes casos a articulación do proxecto sectorial coa ordenación urbanística requirirá a especificación da traza territorial da correspondente infraestrutura e a consideración urbanística do solo afectado como solo rústico de protección especial de infraestruturas. A determinación concreta dos devanditos elementos determínase graficamente nos planos X.4.

IV.1.3. A categorización do solo urbano como solo con urbanización consolidada.

O exposto no apartado anterior en relación á articulación deste proxecto sectorial coa ordenación vixente en materia da clasificación urbanística do solo e, en especial, na da clasificación do solo urbano, cabe reiteralo tamén en canto á categorización deste último.

A este respecto as previsións do plan e dos seus proxectos sectoriais de desenvolvemento non implican tampouco unha incidencia directa na ordenación urbanística vixente, xa que as previsións iniciais desta contidas nos apartados 1.1 e 2.1.a) da ordenación provisional aprobada polo Decreto 15/2007, foron directamente modificadas pola disposición transitoria segunda a) da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, en virtude da cal e para os efectos da división do solo urbano nas categorías de solo urbano consolidado e de solo urbano non consolidado terá a consideración de solo urbano consolidado o que, en cada momento e até a entrada en vigor da PXOM correspondente, cumpra os requisitos do art. 12.a) da LOUGA; con independencia do grao de urbanización que puider presentar á data de entrada en vigor da ordenación provisional respectiva.

IV.2. Determinacións do proxecto sectorial que impliquen modificación das do plan urbanístico vixente.

Do exposto no apartado IV.1 anterior inférense xa as determinacións da ordenación urbanística vixente que deben se modificadas polas determinacións deste proxecto sectorial:

– A delimitación establecida nos planos X.4 dos terreos necesarios para a ampliación da EDAR en San Cosme e EDAR de San Miguel, así como a dos terreos ocupados polos bombeos e as depuradoras existentes en que se localizan os novos bombeos que se proxectan de Sarxende e Reinante determinan a clasificación urbanística dos terreos correspondentes como solo rústico de protección de infraestruturas.

V. Xustificación do cumprimento das normas de aplicación directa contidas no artigo 104 e 106 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (artigos 59 e 61 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia).

V.1. Adaptación ao ambiente.

Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, non se permitirá que a localización, masa ou altura das construcións, muros e peches, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contemplar as belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto.

Neste sentido, os pozos de bombeo serán enterrados, sendo unicamente visible a súa laxe superior (a nivel co terreo), os volantes de accionamento das comportas que regulan a entrada ao pozo de bombas e o nicho para a instalación dos cadros eléctricos.

En canto ás depuradoras, tal e como se establece no anexo n.º 17 (prego de bases técnicas da EDAR) do documento técnico que forma parte do presente proxecto sectorial, a tipoloxía das construcións haberá ser congruente coas características da contorna e os materiais empregados para o acabamento de fachadas e cubertas das edificacións e os peches de parcelas deberán harmonizar coa paisaxe en que vaian situarse.

As construcións deberán presentar todos os seus paramentos exteriores e cubertas totalmente terminados, empregando neles as formas e materiais que menor impacto produzan, así como as cores tradicionais na zona ou, en todo caso, as que favorezan en mellor medida a integración na contorna inmediata e na paisaxe.

V.2. Protección das vías de circulación.

As construcións e peches que se constrúan con obra de fábrica, vexetación ornamental ou outros elementos permanentes en zonas non consolidadas pola edificación terán que desprazarse un mínimo de 4 metros do eixo da vía pública a que dean fronte. Unicamente excluese desta obrigación a colocación de mouteiras e peches de postes e arames destinados a delimitar a propiedade rústica.

VI. Regulamentación detallada do uso pormenorizado, características técnicas e funcionais, condicións de deseño e de adaptación ao ambiente das infraestruturas previstas.

VI.1. Regulamentación do uso pormenorizado.

VI.1.1. Categorías do solo rústico.

Con base no artigo 32 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no solo rústico distinguiranse as seguintes categorías:

1. Solo rústico de protección ordinaria: constituído polos terreos que o plan urbanístico ou os instrumentos de ordenación do territorio estimen inadecuados para o seu desenvolvemento urbanístico.

2. Solo rústico especialmente protexido: constituído polos terreos que, polos seus valores agrícolas, gandeiros, forestais, ambientais, científicos, naturais, paisaxísticos e culturais, suxeitos a limitacións ou servidumes para a protección do dominio público ou doutra índole, deban estar sometidos a algún réxime especial de protección. Dentro deste tipo de solo rústico especialmente protexido distinguiranse as seguintes categorías:

a) Solo rústico de protección agropecuaria, constituído polos terreos de alta produtividade agrícola ou gandeira, posta de manifesto pola existencia de explotacións que a avalen ou polas propias características ou potencialidade dos terreos ou zonas onde se encraven, así como polo terreos obxecto de concentración parcelaria a partir da entrada en vigor da Lei 9/2002 e polos terreos concentrados con resolución firme producida no dez anos anteriores a esta data, salvo que deban ser incluídos na categoría de solo rústico de protección forestal.

No entanto, o plan xeral poderá excluír xustificadamente desta categoría os ámbitos limítrofes sen solución de continuidade co solo urbano ou cos núcleos rurais que resulten necesarios para o desenvolvemento urbanístico racional, que serán clasificados como solo urbanizable ou incluído na delimitación dos núcleos rurais, respectivamente.

Excepcionalmente, a través dos procedementos previstos na lexislación de ordenación do territorio, a consellería competente, por razón do contido do proxecto poderá autorizar as actuacións necesarias para a implantación de infraestruturas, dotacións e instalacións en que concorra unha causa de utilidade pública ou de interese social que sexa prevalente sobre calquera outra preexistente.

b) Solo rústico de protección forestal, constituído polos terreos destinados a explotacións forestais e polos que sustenten masas arbóreas que deban ser protexidas por cumpriren funcións ecolóxicas, produtivas, paisaxísticas, recreativas ou de protección do solo, e igualmente por aqueles terreos de monte que, mesmo que non sustenten masas arbóreas, deban ser protexidos por cumpriren as ditas funcións, e, en todo caso, polas áreas arbóreas formadas por especies autóctonas, así como por aquelas que sufrisen os efectos dun incendio a partir da entrada en vigor da presente lei ou no cinco anos anteriores a ela. Igualmente, considéranse solo rústico de protección forestal aquelas terras que declare a Administración competente como áreas de especial produtividade forestal e os montes públicos de utilidade pública. Excepcionalmente, o plan xeral poderá excluír desta categoría as áreas sen masas arbóreas merecentes de protección, limítrofes sen solución de continuidade co solo urbano ou cos núcleos rurais, que resulten necesarias para o desenvolvemento urbanístico racional.

Excepcionalmente, a través dos procedementos previstos na lexislación de ordenación do territorio, a consellería competente, por razón do contido do proxecto poderá autorizar as actuacións necesarias para a implantación de infraestruturas, dotacións e instalacións en que concorra unha causa de utilidade pública ou de interese social que sexa prevalente a calquera outra preexistente.

c) Solo rústico de protección de infraestruturas, constituído polos terreos rústicos destinados ao emprazamento de infraestruturas e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación, como son as de comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as derivadas da política enerxética ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar a unha parte do territorio, conforme as previsións dos instrumentos de plan urbanístico e de ordenación do territorio.

d) Solo rústico de protección das augas, constituído polos terreos, situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano, definidos na lexislación reguladora das augas continentais como leitos fluviais naturais, ribeiras e marxes das correntes de auga e como leito ou fondo das lagoas e encoros, terreos alagados e húmidos e as súas zonas de servidume.

Así mesmo, incluiranse nesta categoría as zonas de protección que para ese efecto delimiten os instrumentos de plan urbanístico e de ordenación do territorio, que se estenderán, como mínimo, á zona de policía definida pola lexislación de augas, salvo que o plan xustifique suficientemente a redución. Igualmente, terán a dita consideración os terreos situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano con risco de inundación, e aqueles baixo os cales existan augas subterráneas que deban ser protexidas.

Non obstante o anterior, as correntes de auga de escasa entidade que discorran dentro do ámbito dun sector de solo urbanizable quedarán debidamente integradas no sistema de espazos libres públicos, con suxeción ao réxime de solo urbanizable.

e) Solo rústico de protección de costas, constituído polos terreos situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano que se atopen a unha distancia inferior a 200 metros do límite interior da ribeira do mar.

Excepcionalmente, logo do informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, o Plan Xeral de Ordenación Municipal poderá reducir, por razóns debidamente xustificadas, a franxa de protección até os 100 metros, contado desde o límite interior da beira mar.

f) Solo rústico de protección de espazos naturais, constituído polos terreos sometidos a algún réxime de protección por aplicación da Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espazos naturais, a flora e a fauna. Igualmente, terán a dita consideración os terreos que os instrumentos de ordenación do territorio, as normas provinciais de planeamento ou o plan urbanístico consideren necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou recreativos.

Excepcionalmente, o plan xeral poderá excluír desta categoría, logo de avaliación ambiental, os solos que sexan necesarios para a delimitación de núcleos rurais nos casos en que o Consello da Xunta o autorice expresamente.

g) Solo rústico de protección paisaxística, constituído polos terreos que determine o plan urbanístico ou os instrumentos de ordenación do territorio coa finalidade de preservar as vistas panorámicas do territorio, o mar, o curso dos ríos ou os vales, e dos monumentos ou edificacións de singular valor.

h) Solo rústico especialmente protexido para zonas con interese patrimonial, artístico ou histórico, que estean previstas no plan ou na lexislación sectorial que lles sexa de aplicación.

Con base nestas definicións, os terreos ocupados pola infraestrutura de saneamento considerada dentro do presente proxecto sectorial terá a categoría dun solo rústico de protección de infraestruturas.

VI.1.2. Condicións de uso.

Segundo o artigo 37 da citada Lei 9/2002, o réxime do solo rústico de protección de infraestruturas, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora específica, ten por obxecto preservar as infraestruturas existentes ou de nova creación.

Estará sometido ao seguinte réxime:

1. Usos permitidos por licenza municipal directa:

1.1. Actividades e usos non construtivos:

a) Accións sobre o solo ou subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, sacalcamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

b) Actividades de lecer, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

c) Actividades científicas, escolares e divulgativas.

1.2. Actividades e usos construtivos:

d) Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

f) Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos por que discorren, muros de contención, así como peches ou valos de leiras.

m) Infraestruturas de abastecemento, tratamento, saneamento e depuración de augas, de xestión e tratamento de residuos, e instalacións de xeración ou infraestruturas de produción de enerxía. Ademais, permitiranse as instalacións necesarias para a execución e funcionamento da correspondente infraestrutura.

2. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

En solo rústico de protección de infraestruturas unicamente serán autorizables os usos vinculados funcionalmente á infraestrutura correlativa, así como os que poidan establecerse a través dos instrumentos de ordenación do territorio.

3. Usos prohibidos:

Todos os demais.

VI.1.3. Procedemento para o oitorgamiento de autorizacións.

No artigo 41 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, o procedemento para o outorgamento da autorización autonómico en solo rústico é:

1. A competencia para o autorgamento da autorización autonómica prevista na Lei 9/2002, corresponde ao secretario ou secretaria xeral competente en materia de urbanismo.

2. O procedemento para a tramitación das autorizacións autonómicas en solo rústico axustarase ás seguintes regras:

a) O promotor deberá presentar a solicitude ante o concello acompañada de anteproxecto redactado por técnico competente, co contido que se detalle regulamentariamente e, como mínimo, a documentación gráfica, fotográfica e escrita que sexa suficiente para coñecer as características esenciais do lugar e da súa contorna nun raio mínimo de 500 metros, da titularidade dos terreos e superficie destes, do uso solicitado e das obras necesarias para a súa execución, conservación e servizo, as súas repercusións territoriais e ambientais e as que sexan necesarias para xustificar o cumprimento das condicións establecidas na presente lei.

b) O concello someterá o expediente a información pública por un prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que deberá publicarse no taboleiro de anuncios do concello e nun dos xornais de maior difusión no municipio. O anuncio deberá indicar, como mínimo, a localización, o uso solicitado, a altura e ocupación da edificación pretendida e o lugar e horario de consulta da documentación completa.

c) Concluída a información pública, o concello remitirá o expediente completo tramitado á consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, incluíndo as alegacións presentadas e os informes dos técnicos municipais e do órgano municipal que teña atribuída a competencia para outorgar a licenza de obra.

Transcorrido o prazo de dous meses sen que o concello remitise o expediente completo á consellería, as persoas interesadas poderán solicitar a subrogación desta última, que reclamará o expediente ao concello e proseguirá a tramitación até a súa resolución.

d) A consellería poderá requirir do promotor ou promotora a documentación e información complementaria que considere necesaria ou ben a emende das deficiencias da solicitude para adaptarse ao disposto na citada lei.

Así mesmo, poderá solicitar dos organismos sectoriais correspondentes os informes que se estimen necesarios para resolver.

e) O secretario ou secretaria xeral competente en materia de urbanismo examinará a adecuación da solicitude á presente lei e aos instrumentos de ordenación do territorio e resolverá no prazo de tres meses, a contar desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellería competente, concedendo a autorización simplemente ou condicionándoa xustificadamente á introdución de medidas correctoras, ou ben denegándoa motivadamente. Transcorrido devandito prazo sen resolución expresa, entenderase denegada a autorización por silencio administrativo.

VI.1.4. Condicións da edificación.

Segundo o artigo 42 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, as condicións xerais das edificacións en solo rústico son:

1. Para outorgar licenza ou autorizar calquera clase de edificacións ou instalacións no solo rústico deberá xustificarse o cumprimento das seguintes condicións:

a) Garantir o acceso rodado de uso público adecuado á implantación, o abastecemento de auga, a evacuación e tratamento de augas residuais, a subministración de enerxía eléctrica, a recolla, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos e, se for o caso, a previsión de aparcadoiros suficientes, así como corrixir as repercusións que produza a implantación na capacidade e funcionalidade das redes de servizos e infraestruturas existentes. Estas solucións deberán ser asumidas como custo a cargo exclusivo do promotor ou promotora da actividade, formulando expresamente o correspondente compromiso en tal sentido e achegando as garantías exixidas para o efecto pola administración na forma que regulamentariamente se determinen.

b) Prever as medidas correctoras necesarias para minimizar a incidencia da actividade solicitada sobre o territorio, así como todas aquelas medidas, condicións ou limitacións tendentes a conseguir a menor ocupación territorial e a mellor protección da paisaxe, os recursos produtivos e o medio natural, así como a preservación do patrimonio cultural e a singularidade e tipoloxía arquitectónica da zona.

c) Cumprir as seguintes condicións de edificación:

• A superficie máxima ocupada pola edificación en planta non excederá o 20% da superficie da leira. No entanto, as edificacións destinadas a explotacións gandeiras, os establecementos de acuicultura e as infraestruturas de tratamento ou depuración de augas poderán ocupar até o 60% da superficie da parcela, e a ampliación dos cemiterios a totalidade da súa superficie. Excepcionalmente, os instrumentos establecidos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, poderán permitir unha ocupación superior para estas actividades, sempre que se manteña o estado natural, polo menos, nun terzo da superficie da parcela.

• O volume máximo da edificación será similar ao das edificacións existentes no solo rústico da contorna. No caso de que resulte imprescindible excedelo por exixencias do uso ou actividade autorizable, procurará descomporse en dous ou máis volumes conectados entre si a fin de adaptar as volumetrías ás tipoloxías propias do medio rural. En todo caso, haberán adoptarse as medidas correctoras necesarias para garantir o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración do relevo natural dos terreos.

• As características tipolóxicas da edificación deberán ser congruentes coas tipoloxías da contorna; en particular, as condicións de volumetría, tratamento de fachadas, morfoloxía e tamaño dos ocos e solucións de cuberta, que, en todo caso, estarán formadas por planos continuos sen quebras nas súas vertentes.

• Nos solos rústicos de protección ordinaria, agropecuaria, forestal ou de infraestruturas, de augas e de costas, a altura máxima das edificacións non poderá exceder dúas plantas nin os 7 metros medidos no centro de todas as fachadas, desde a rasante natural do terreo ao arranque inferior da vertente de cuberta. Excepcionalmente, poderá exceder 7 metros de altura cando as características específicas da actividade, debidamente xustificadas, fixesen imprescindible excedelos nalgún dos seus puntos. Nos demais solos rústicos protexidos, as edificacións non poderán exceder unha planta de altura nin 3,50 metros medidos de igual forma, salvo nos casos debidamente xustificados de infraestruturas de tratamento ou depuración de augas. Poderán, igualmente, exceptuarse aquelas instalacións propias de usos agrícolas, acuícolas ou gandeiros que necesiten alturas excepcionais, logo de informe, en todo caso, da consellería competente na materia.

• As características estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabamentos serán acordes coa paisaxe rural e as construcións da contorna. En tal sentido, para o acabamento das edificacións empregarase a pedra ou outros materiais tradicionais e propios da zona. En casos xustificados pola calidade arquitectónica da edificación, poderán empregarse outros materiais acordes cos valores naturais, a paisaxe rural e as edificacións tradicionais da contorna.

• Os peches e valados serán preferentemente vexetais, sen que os realizados con material opaco de fábrica excedan a altura de 1 metro, salvo en parcelas edificadas, onde poderán alcanzar 1,50 metros. En todo caso, deben realizarse con materiais tradicionais do medio rural en que se localicen, non permitíndose o emprego de bloques de formigón ou outros materiais de fábrica, salvo que sexan debidamente revestidos e pintados na forma que regulamentariamente se determine.

d) Cumprir as seguintes condicións de posición e implantación:

• A superficie mínima da parcela sobre a cal se emprazará a edificación será a establecida en cada caso pola Lei 9/2002, sen que para ese efecto sexa admisible a adscrición doutras parcelas.

• Os edificios situaranse dentro da parcela, adaptándose no posible ao terreo e ao lugar máis apropiado para conseguir a maior redución do impacto visual e a menor alteración da topografía do terreo.

• Os recuamentos das construcións aos lindes da parcela deberán garantir a condición de illamento e en ningún caso poderán ser inferiores a 5 metros.

• As condicións de secalcamento obrigatorio e de acabamento dos socalcos resultantes deberán definirse e xustificarse no proxecto, de modo que quede garantido o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración da topografía natural dos terreos.

• Manterase o estado natural dos terreos ou, se for o caso, o uso agrario deles ou con plantación de arboredo ou especies vexetais en, polo menos, a metade da superficie da parcela, ou nun terzo dela cando se trate de infraestruturas de tratamento ou depuración de augas.

e) Farase constar obrigatoriamente no rexistro da propiedade a vinculación da total superficie real da parcela á construción e uso autorizados, expresando a indivisibilidade e as limitacións concretas ao uso e edificabilidade impostas pola autorización autonómica.

f) En todo caso, o prazo para o inicio das obras será de seis meses, contado desde o outorgamento da licenza municipal correspondente, e as obras deberán concluírse no prazo máximo de tres anos, contando desde o outorgamento da licenza.

g) Transcorridos os devanditos prazos, entenderase caducada a licenza municipal e a autorización autonómica, logo de expediente tramitado con audiencia da persoa interesada, e será de aplicación o disposto no artigo 203 da Lei 9/2002.

2. Ás obras de derruba e demolición que se pretendan realizar en solo rústico seralles de aplicación o disposto no artigo 26 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

Cumpriranse, ademais, as condicións adicionais para outras actividades construtivas non residenciais indicadas no artigo 44 da Lei 9/2002.

1. As construcións en solo rústico distintas das edificacións destinadas a usos residenciais vinculados ás explotacións agrícolas ou gandeiras cumprirán:

a) A superficie da parcela en que se sitúe a edificación non será inferior a 3.000 metros cadrados, salvo nos supostos previstos no artigo 33.2, letras f) e j), da Lei 9/2002 e no que se refire á ampliación de cemiterios e instalacións de tratamento e depuración de augas.

b) Deberá xustificarse cumpridamente a idoneidade do lugar elixido e a imposibilidade ou inconveniencia de situalas en solo urbano ou urbanizable con cualificación idónea. Tal xustificación non será necesaria cando se trate das construcións sinaladas no artigo 33.2, letras a), b), c), d) e f) da Lei 9/2002.

2. Excepcionalmente, poderá outorgarse licenza, sen necesidade de autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construcións e instalacións ao servizo e funcionamento das infraestruturas e obras públicas, sempre que quede xustificada a construción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual da parcela en que se sitúe e non se superen os 50 metros cadrados de superficie total edificada nin a altura máxima dunha planta nin 3,50 metros. En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais de construción serán os determinados no artigo 42 da Lei 9/2002.

3. As obras de simple conservación e as obras menores a que fai referencia o artigo 195.3 da Lei 9/2002 non precisarán autorización autonómica con anterioridade á obtención da preceptiva licenza urbanística municipal.

VI.2. Características técnicas e funcionais.

Dentro da denominada rede de saneamento inclúense máis elementos á parte das tubaxes encargadas de recoller e transportar a auga residual xerada dentro dos núcleos de poboación. Débense considerar igualmente todas aquelas infraestruturas que permitan unha xestión integral da auga residual, desde a súa orixe até a súa vertedura ao medio receptor nas condicións que determinen as leis ambientais de aplicación.

A nova rede de saneamento deberá, por tanto, cubrir unha serie de funcións:

• Dentro dos catro núcleos urbanos obxecto do plan sectorial deberanse proxectar aqueles ramais que permitan garantir a calidade ambiental dos usos residenciais existentes. Para iso, deberase consultar os técnicos municipais cales son as necesidades actuais así como as previstas conforme o desenvolvemento previsto.

• Os novos ramais que se expor dentro dos núcleos deberanse integrar na rede de saneamento existente, da cal formarán parte. Esta rede única deberá interceptar as augas residuais xeradas con base nos usos establecidos (residencial), transportalas até a estación de tratamento, depurar as augas até cumprir os requisitos de vertedura e, por último, verterlas ao medio natural (sempre regatos).

• O rendemento das estacións depuradoras deberá garantir o cumprimento do establecido pola Directiva 2000/60/CE, do Consello de Comunidades Europeas, e polo Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto Lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas. Ao mesmo tempo, e dado o ámbito de actuación, deberase cumprir coa Directiva 2006/7/CE, do 15 de febreiro, relativa á xestión da calidade das augas de baño.

Concentración DBO5

≤ 25,00 mg/l

Concentración DQO

≤ 125,00 mg/l

Concentración SS

≤ 35,00 mg/l

Nitróxeno total

≤ 15,00 mg/l

Fósforo total

≤ 2,00 mg/l

pH

6 – 8,5

Enterococos intestinais

≤ 100 UFC/100ml

Escherichia coli

≤ 250 UFC/100ml

As depuradoras novas de San Cosme e San Miguel terán as seguintes características:

Liña de auga.

Obra de chegada:

– Pozo de chegada con retención de materiais graúdos.

– By-pass xeral.

– Tanque de homoxeneización (tanque de tormentas).

Pretratamiento.

– Reixa de materiais graúdos automática de protección do bombeo.

– Elevación de auga bruta.

– Desbaste fino (reixas automáticas).

– Desareador-desengraxador.

– Medida de caudal.

Tratamento biolóxico:

– By-pass do tratamento biolóxico.

– Reactor biolóxico en que se desenvolve un proceso convencional de lodos activados/sistema de oxidación total, con nitrificación-desnitrificación e eliminación química de fósforo.

– Decantación secundaria.

Desinfección:

By-pass do tratamento terciario.

– Desinfección da auga por raios UVC.

Saída do efluente.

– Medición de caudal.

– Conexión co by-pass xeral e incorporación da vertedura á condución de saída.

– Vertedura do efluente ao río mediante condución de desaugamento.

Liña de lodos.

Recirculación de lodos:

– Impulsión de lodos desde o decantador ao reactor biolóxico.

Purga e deshidratación de lodos:

– Extracción de lodos e bombeo ao espesador de lodos.

– Espesamento por gravidade dos lodos con ponte.

– Bombeo de lodos espesados a deshidratación.

– Estabilización química dos lodos por adición de polielectrólito.

– Deshidratación de lodos.

– Recolla de lodo seco nun silo.

Incluirase, ademais, un edificio para o control da EDAR. Desde o posto de telexestión da EDAR controlarase simultaneamente o funcionamento dos bombeos da rede de saneamento.

As características técnicas e funcionais de todos os elementos da EDAR recóllense no prego de bases que se achega como un anexo do documento técnico que forma parte do presente proxecto sectorial.

VI.3. Condicións de deseño.

Para o deseño e dimensionamento da rede no seu conxunto seguiranse as Instrucións técnicas para obras hidráulicas en Galicia (ITOHG), elaboradas pola Administración hidráulica de Galicia en colaboración co grupo FLUMEN da ETSICCP da Coruña.

A rede de saneamento será de tipo separativo.

Do mesmo xeito, a poboación máxima actual do catro parroquias en que se desenvolve o presente proxecto sectorial (San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante) determínase a partir dos datos e/ou hipóteses que se tiveron en conta na memoria de déficits:

• Padrón: adóptase como poboación fixa e estaría afectada o coeficiente punta de variación estacional.

• Coeficiente punta de variación estacional: 1,4 (segundo as ITOHG).

• Vivendas das urbanizacións da costa: ocupadas no verán cun cociente de ocupación de 3 habitantes/vivenda.

• Hostalaría:

• 1 praza de cámping = 0,5 habitantes equivalentes.

• 1 habitación de hotel = 0,67 habitantes equivalentes.

• Casaríos e cabanas = 2 habitacións de hotel = 1,33 hab. Equivalentes.

• Refuxios e albergues = 1 habitación de hotel = 0,67 hab. Equivalentes.

No cálculo de caudais, e de acordo coa ITOHG, consideraranse os seguintes datos de partida:

• Dotación de auga por habitante e día: 240 l/hab.día.

• Coeficiente de retorno: 0,8.

• Coeficiente punta de variación estacional (Cpest) de 1,4.

• Coeficiente punta de variación horaria: missing image file

• Non se consideran retornos de auga abastecida á gandaría.

• Non hai caudais de orixe industrial.

• Considérase un caudal de infiltración que se calcula a partir dos caudais medios actuais.

Nas conducións por gravidade adoptaranse os seguintes criterios durante o cálculo hidráulico:

– O calado relativo (Y/D) para o caudal máximo de proxecto non será superior, como norma xeral, a 0,75.

– A velocidade máxima, sempre que sexa posible, será inferior a 6 m/s.

– A pendente mínima será de 0,6%, estando a máxima limitada pola velocidade indicada no punto anterior.

Para as conducións por gravidade empregaranse tubaxes de PVC SN-8. Nas impulsións empregaranse tubos de PVC de presión, e pódense empregar mangueiras de polietileno para os diámetros menores.

Será de aplicación o prego de prescricións técnicas xerais para tubaxes de saneamento de poboacións (O.M. 15.9.86 M.O.P.U.) (publicado no BOE do 23.9.86).

Executaranse pozos de rexistro de formigón (HM-30) executados in situ, de 1,0 m de diámetro interior e paredes de 20 cm de espesor. Sobre o fuste colocarase ou executarase un cono excéntrico de dimensións 1,0-0,6 × 0,7 m, con reforzo perimetral de formigón e tampa e cerco de fundición dúctil de 600 mm de luz libre e 40 t de rotura de carga. A soleira do pozo terá 1,40 m de diámetro e 40 cm de espesor; nela formarase unha acanaladura en forma de sector circular, de 20 cm de profundidade.

As impulsións estarán dotadas de desaugadoiros nos puntos baixos para o baleiramento da tubaxe, así como das ventosas precisas para a purga de aire.

A escavación das gabias realizarase de acordo coas especificacións establecidas no estudo xeotécnico. No seu interior, os tubos colocaranse sobre unha camada de area de 10 cm, e a seguir encherase a ambos os dous lados da condución con material granular seleccionado até cubrila un mínimo de 20 cm sobre a xeratriz superior. En todos os casos se procurará un recubrimento mínimo dun metro medido sobre a clave do tubo.

Os novos pozos de bombeo instalaranse en cámara húmida, na cal as bombas mergulladas seguirán un esquema de funcionamento de 1+1 (alternancia de cada unha das bombas, permanecendo a segunda en situación de reserva). Independentemente do número de colectores que cheguen ao bombeo, proxectarase unha única entrada no pozo de bombeo, na cal se situará o elemento preciso (reixa, cestón, triturador) que impida a chegada de flutuantes e sólidos ás bombas.

VII. Memoria descritiva das características técnicas das infraestruturas obxecto do proxecto sectorial.

VII.1. Localización das infraestruturas.

Como se viu no punto II.2 do presente documento, o obxecto do proxecto sectorial é a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento nos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante. É, por tanto, dentro da limitación que establecen as normas subsidiarias de Barreiros para este catro núcleos, onde se localizan parte das redes definidas.

Pola súa vez, o crecemento de poboación previsto que xustifica a redacción do Plan sectorial de Barreiros exixe, igualmente, unha reformulación da rede xeral de saneamento, co que gran parte dos colectores e todas as infraestruturas anexas á rede (bombeos e depuradoras) se localizan fóra dos núcleos urbanos.

O trazado da rede de saneamento reflíctese nos planos X.5 do presente documento, e con máis detalle, no documento n.º 2 (planos do documento técnico adxunto). Dentro dos núcleos, as conducións irán trazadas baixo rúas existentes e baixo as beirarrúas e/ou beiravía da estrada N-634 (neste sentido, proxéctase a entibación das gabias precisas para evitar a afección á calzada da devandita estrada). Fóra dos núcleos urbanos, as distintas conducións proxéctanse baixo camiños asfaltados, minimizando impactos sociais e á paisaxe. A única excepción é o colector de marxe do rego da Barranca, proxectado como unha renovación do existente, polo que se respectará o seu trazado por terreos francos na súa maioría. Modifícase, con todo, o seu cruzamento baixo o Feve, que se realizará mediante unha finca por fóra da zona de servidume do dominio público hidráulico, xa que se comprobou que co trazado actual neste punto se produce un rebordamento continuo das súas augas residuais.

missing image file

Colector de marxe do regueiro dá Barranca baixo a ponte do FFCC, en cuxo pozo augas abaixo prodúcese un soborde continuo das súas augas fecais.

A pesar de que este colector de marxe se proxecta como unha renovación do existente e, por tanto, non son de prever novas afeccións ao parcelario, lístase a seguir a relación de parcelas que atravesa o devandito colector, e que si se verán afectadas durante a realización das obras:

Solo rústico

N.º

Polígono

Parcela

Superficie (ha)

Uso

1

16

130

0,0996

Pasteiro

2

16

42

0,0914

Froiteiras

3

16

43

0,2573

Terras arables

4

16

44

1,1613

Pasteiro e forestal

5

15

88

0,1947

Terras arables e pasto arbustivo

6

15

87

0,1794

Terras arables

7

15

92

0,4206

Pasteiro e pasto con arbolado

8

15

54

0,0534

Pasto con árbores

9

15

44

0,1383

Terras arables

10

15

43

0,3379

Terras arables e pasto arbustivo

11

15

55

0,2756

Terras arables e pasto arbustivo

12

15

56

0,6223

Terras arables e improductivo

13

15

77

0,1044

Terras arables

14

15

80

0,0494

Terras arables

15

15

81

0,0267

Terras arables

16

15

82

0,0364

Terras arables

17

15

83

0,0292

Terras arables

18

15

84

0,0643

Terras arables

19

15

86

0,1747

Terras arables

20

15

167

0,0026

Forestal

21

15

166

0,0129

Forestal

22

15

165

0,0126

Forestal

Solo urbano

N.º

Referencia catastral

Superficie (ha)

Uso

23

6432506PJ4263S0001YK

0,0647

Solo sen edificar

Dentro dos elementos anexos á rede xeral de saneamento atópanse os bombeos de San Pedro e de Pasadas. Nestes dous casos só se modifícan os equipamentos para adaptalos ás novas impulsións, polo que a súa localización é exactamente igual á actual.

Os restantes elementos que seproxectan son:

• EDAR de San Cosme.

A actual depuradora localízase na parcela 33 do polígono 10 de Barreiros, cuxa superficie é de 608 m2. É unha depuradora compacta dimensionada para 1.000 habitantes equivalentes.

Dado o crecemento da parroquia de San Cosme, proxéctase unha nova depuradora para 3.060 habitantes equivalentes, que deberá substituír a existente. Para iso, será preciso que o concello de Barreiros amplíe a actual parcela até conseguir unha superficie útil da orde de 1.500 m2.

Ademais da parcela 33, ocuparase a parcela 32, de 771 m2, e 122 m2 da parcela 23. Con todo iso, a parcela resultante terá 1.501 m2.

Solo Rústico

N.º

Polígono

Parcela

Superficie (ha)

Uso

Ocupación (ha)

1

10

32

0,0771

Pasto arbustivo

0,0771

2

10

33

0,0608

Improductivo

0,0608

3

10

23

0,1026

Pasto arbustivo

0,0122

0,1501

missing image file

• Bombeo de Sarxende.

Substitúe a EDAR actual, polo que se localizará no interior da súa parcela sen xerar novas afeccións.

• Bombeo de Reinante.

Substitúe a EDAR actual, polo que se localizará no interior da súa parcela sen xerar novas afeccións.

• EDAR de San Miguel.

Para a execución da nova EDAR de San Miguel, que de modo orientativo estará dimensionada para unha poboación equivalente de 9.661 habitantes, o concello de Barreiros facilitará unha parcela de 4.325 m2, situada na marxe dereita do rego da Barranca. Esta parcela correspóndese coa parcela n.º 5 (polígono 17) e coa parte das parcelas 1, 2, 3, 4 e 8 (polígono 17) que quedan fóra de afección á Rede Natura (LIC As Catedrais).

Solo rústico

N.º

Polígono

Parcela

Superficie (ha)

Uso

Ocupación

1

17

5

0,1688

Terras arables

0,1688

2

17

8

0,1851

Terras arables

0,1623

3

17

4

0,0801

Terras arables

0,0386

4

17

3

0,0771

Terras arables

0,0274

5

17

2

0,0940

Terras arables

0,0285

6

17

1

0,0622

Terras arables

0,0069

0,4325

missing image file

A morfoloxía catastral destas zonas en que se localizan as expropiacións responde a características comúns ao medio rural galego, onde a parcelación de base agrícola presenta un alto grao de subdivisión.

Todos os terreos ocupados pola nova rede de saneamento, situados fóra de camiños públicos, deberán ser postos ao dispor das obras polo Concello de Barreiros antes do inicio.

VII.2. Delimitación do ámbito territorial de incidencia do proxecto sectorial.

O obxecto final do presente proxecto sectorial é a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento nos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante. Partindo disto, a delimitación do ámbito de actuación debe ser coincidente cos límites que establecen as normas subsidiarias de Barreiros para ese catro núcleos (ver os planos X.3.1 e X.3.2).

En calquera caso, e tal e como se comentou no apartado anterior, a necesidade de actuar na rede xeral de saneamento.

• Ampliación da EDAR de San Cosme.

• Modificación dos equipamentos do bombeo de San Pedro e da súa impulsión.

• Substitución da EDAR de Sarxende por un pozo de bombeo e modificación dos colectores asociados.

• Substitución da EDAR de Reinante por un pozo de bombeo e definición da súa impulsión.

• Modificación dos equipos do bombeo de Pasadas e da súa impulsión.

• Construción dunha nova EDAR en San Miguel, nunha parcela próxima fóra de Rede Natura e dos colectores de chegada amplía o ámbito territorial de incidencia deste proxecto sectorial, para abranguer o tramo comprendido entre a N-635 e a costa das parroquias de San Cosme de Barreiros, San Pedro de Benquerencia, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.

VII.3. Descrición e características técnicas das infraestruturas.

VII.3.1. Rede de saneamento.

A actual rede de saneamento de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante estrutúrase arredor de cinco depuradoras, das cales só catro están en funcionamento. Este catro depuradoras (Barreiros-San Bartolo, San Cosme, Sarxende e Reinante) executáronse dentro da obra promovidas pola Xunta de Galicia do Saneamento Integral de Foz e Barreiros. Despois dun período de funcionamento de aproximadamente catro anos pódense extraer as seguintes conclusións:

• A EDAR de San Bartolo, denominada EDAR de Barreiros, funciona ben en liñas xerais. As diferenzas entre os caudais de inverno e verán son menores do esperado nun principio (1:4), o que pode traducirse nunha ocupación constante da denominada segunda residencia (fins de semana) e/ou á entrada de pluviais á rede no inverno.

En calquera caso a depuradora existente non sería capaz de asumir o crecemento de poboación previsto en San Bartolo e en San Pedro conforme as edificacións que se computaron no cálculo da poboación horizonte (ver apartado I.1.1 do plan sectorial). Como se xustifocou no plan sectorial de Barreiros, esta depuradora quedaría ao límite da súa capacidade só coa chegada das augas residuais de San Bartolo (4.051 habitantes).

• A EDAR compacta de San Cosme non presenta problemas de alivio nin de cheiros en ningunha estación do ano. No inverno, debido á entrada de pluviais á rede, a características da auga que entra son moi similares ás do efluente de saída, sendo en ambos os casos unha auga «limpa». No verán obsérvase unha maior concentración de contaminantes no influente, sobre todo nos días sen choiva.

Conclúese, por tanto, que a rede do núcleo de San Cosme ten un importante fluxo de augas pluviais que chegan até a EDAR, onde é practicamente imposible manter o proceso biolóxico.

Do mesmo xeito, esta depuradora non estaría preparada para absorber o crecemento da poboación de San Cosme, que nun futuro se espera que chegue aos 3.060 habitantes.

• A EDAR compacta de Sarxende funciona relativamente ben no inverno, onde tamén se observa a chegada de augas pluviais. No verán, con todo, existen problemas de cheiros.

• A EDAR compacta de Reinante é a que presenta un funcionamento máis deficiente. No verán son continuas as verteduras de augas residuais sen depurar, xa que se supera claramente a súa capacidade.

Conclúese, por tanto, que a rede existente xa presenta problemas puntuais coa poboación actual no verán e en ningún caso está preparada para asumir o crecemento previsto en Barreiros.

Xorde por tanto a necesidade de actuar fóra dos núcleos urbanos obxecto do proxecto reformulando a estrutura xeral da rede de saneamento existente.

Descríbense a seguir as actuacións que se recollen dentro do presente proxecto sectorial:

En San Cosme, a EDAR compacta executada pola Xunta para 1.000 habitantes equivalentes substitúese por unha nova depuradora para 3.060 habitantes. A rede de saneamento dentro do núcleo complétase coa execución de cinco novos ramais que dan servizo ás novas edificacións proxectadas e/ou executadas (plano X.5.2).

En San Bartolo (núcleo fóra de actuación) mantense a depuradora existente (EDAR de Barreiros) para o tratamento das augas residuais do propio núcleo de San Bartolo e das súas urbanizacións costeiras. Para iso, e dado o crecemento desta zona da costa, descabézase a rede que chega á depuradora de San Bartolo, modificando a impulsión do bombeo de San Pedro.

Xunto con estes dous sistemas de saneamento (San Cosme e San Bartolo), proxéctase un terceiro sistema en que se concentrarán as augas residuais das parroquias de San Pedro, San Miguel e Reinante, para o seu tratamento conxunto na denominada EDAR de San Miguel.

A nova depuradora sitúase na marxe dereita do regueiro da Barranca, augas abaixo e fronte á depuradora existente que está fóra de servizo.

A concentración destas tres parroquias nunha única depuradora esixe unha serie de actuacións, incluídas no presente proxecto:

a) Modificación do bombeo de San Pedro de Benquerencia. A impulsión que parte deste pozo, no canto de ir cara a San Bartolo (EDAR de Barreiros), proxéctase cara ao que actualmente é a depuradora compacta de Sarxende.

b) Substitución da EDAR de Sarxende por un pozo de bombeo. Este bombeo permitirá a chegada á nova EDAR de San Miguel de toda a poboación de San Pedro e da costa de Benquerencia e San Miguel.

c) Cambio da impulsión do bombeo de Pasadas, na desembocadura do regueiro da Barranca. No canto de dirixir as súas augas cara á EDAR de Reinante levaraas á nova EDAR de San Miguel, mediante unha nova condución forzada.

d) Substitución da EDAR de Reinante por un pozo de bombeo. Este bombeo permitirá a chegada á nova EDAR de San Miguel de toda a poboación de Reinante (costa e núcleo).

En detalle, estas actuacións son:

Modifícase o bombeo existente de San Pedro, no cal se cambian as bombas, a caldeiraría da arqueta de chaves e o cadro eléctrico. Proxéctase pola vez unha nova tubaxe de impulsión que conduce as augas da parroquia de San Pedro concentradas no devandito bombeo, cara á EDAR de Sarxende. A tubaxe de impulsión proxéctase en PVC PN-10 atm. de 160 mm de diámetro, e ten unha lonxitude aproximada de 740 metros lineais.

Antes de chegar á EDAR de Sarxende, a impulsión de San Pedro rompe carga na estrada da costa, repóndose o colector existente (PVC Ø200 mm) no denominado colector de Sarxende (Costa). Este colector, previsto en PVC Ø315 mm e de 654 metros de lonxitude, conecta a impulsión de San Pedro coa EDAR de Sarxende (novo bombeo de Sarxende).

A EDAR compacta de Sarxende quedará fóra de servizo e no seu lugar proxéctase un pozo de bombeo do cal parte a impulsión de Sarxende. Esta impulsión eleva as augas residuais desde a costa até o núcleo de Sarxende, desde onde baixarán por gravidade cara ao rego da Barranca e, finalmente á nova EDAR de San Miguel.

A impulsión de Sarxende proxéctase en PVC PN-10 atm de 200 mm de diámetro. A súa lonxitude é de 899 metros lineais. O colector en que dita impulsión rompe carga denomínase colector Sarxende-EDAR. Como o seu nome indica, termina na nova EDAR de San Miguel, situada na marxe dereita do regueiro da Barranca, fóra de Rede Natura. Este colector ten unha lonxitude de 646 metros lineais e proxéctase en PVC Ø315 mm.

Nun dos pozos deste colector (P-15) rompe carga a nova impulsión de Pasadas, procedente do bombeo do mesmo nome. Como se comentou, o bombeo de Pasadas cambia de dirección, co que se substitúen os equipamentos (bombas, caldeiraría e cadro eléctrico) para adaptalo ao novo punto de funcionamento. A impulsión actual quedará fóra de servizo e no seu lugar proxéctase unha nova impulsión que eleva as augas residuais que chegan ao pozo até o núcleo de Sarxende, para o seu posterior tratamento na EDAR de San Miguel. A nova tubaxe de impulsión proxéctase con tubaxe de polietileno Ø110mm PN-10 atm. e terá unha lonxitude de 820 metros.

Pola súa vez, a EDAR de Reinante déixase fóra de servizo e no seu lugar proxéctase un novo pozo de bombeo que permite impulsar as súas augas residuais até a nova EDAR de San Miguel. A tubaxe de impulsión ten unha lonxitude de 1.383 metros lineais e prevese con tubaxe de PVC PN-10 atm. Ø160 mm. A súa rotura de carga prodúcese 200 metros antes de chegar á parcela da nova EDAR, desde onde se proxecta un colector de gravidade, colector Reinante EDAR, de 196 m de lonxitude, en PVC Ø315 mm.

Por último, a denominada rede xeral de saneamento complétase coa renovación do colector de marxe do rego da Barranca, que permite a conexión da rede de saneamento do núcleo de San Miguel coa nova EDAR.

O novo colector de marxe respecta o trazado do existente, aproveitando a servidume xerada polo actual. Unicamente proxéctase unha modificación de trazado no cruzamento do ferrocarril, onde se proxecta a execución dunha finca. Con isto soluciónase o punto conflitivo do colector existente (tramo ancorado a un dos hastiais do paso do FEVE sobre o río) no cal hai continuos rebordamentos.

Para este sistema de saneamento e dentro dos núcleos de San Pedro, San Miguel e Reinante proxéctase os ramais sinalados nos planos n.º X.5.3, X.5.4 e X.5.5, cos cales se consegue optimizar os usos residenciais existentes.

No catro núcleos, os cruzamentos da estrada N-634 executaranse mediante perforación mecánica subterránea (topo), a unha cota con respecto á rasante da estrada de 1,20 m, medidos desde a xeratriz superior do tubo até a camada superior do firme. Os cruzamentos executaranse coa máquina adecuada de modo que o diámetro da perforación corresponda co da tubaxe, de forma que non se produzan ocos entre esta e o terreo da explanación da estrada.

Os ramais paralelos á calzada da N-634 executaranse mediante gabia e quedarán protexidos os tubos cunha laxe de 20 cm de formigón en masa e sinalizados convenientemente, co fin de evitar a súa rotura accidental durante os labores de mantemento da estrada. As dimensións das gabias fixaranse na implantación.

Non se afectará en ningún caso a calzada da N-634, polo que se proxecta a entibación daquelas gabias que poderían chegar a afectala, dados os noiros fixados no anexo de xeoloxía e xeotecnia.

Os seguintes cadros resumen as infraestruturas proxectadas dentro do Saneamento de Barreiros:

Rede de saneamento

Medición

Características

San Cosme

Nova:

A repoñer:

330

215

PVC SN-8 Ø315 mm

545

San Pedro

Nova:

A repoñer:

239

0

PVC SN-8 Ø315 mm

239

San Miguel

Nova:

A repoñer

568

498

PVC SN-8 Ø315 mm

1.066

Reinante

Nova:

A repoñer

162

0

PVC SN-8 Ø315 mm

162

Total colectores

2.012 ml

Rede xeral de saneamento

Medición

Características

Impulsión de San Pedro

739 ml

PVC PN-10 Ø160mm

Impulsión de Sarxende

899 ml

PVC PN-10 Ø200mm

Impulsión de Pasadas

820 ml

PEAD PN-10 Ø110mm

Impulsión de Reinante

1.383 ml

PVC PN-10 Ø160mm

Total impulsións

3.841 ml

Colector Sarxende

654 ml

PVC SN-8 Ø315mm

Colector Sarxende - EDAR

646 ml

PVC SN-8 Ø315mm

Colector Reinante - EDAR

196 ml

PVC SN-8 Ø315mm

Colector da marxe do Rego da Barranca

1.291 ml

PVC SN-8 Ø315mm

Total colectores

2.787 ml

Infraestruturas

Características

Adaptación bombeo de San Pedro

1+1 bombas: Qb=21,90l/s y H=20,3 m

Bombeos Sarxende(substitución EDAR)

1+1 bombas: Qb=29,7l/s y H=20,1 m

Adaptación bombeo de Pasadas

1+1 bombas: Qb=7,13l/s y H=22,5 m

Bombeo Reinante (substitución EDAR)

1+1 bombas: Qb=17,1l/s y H=27,8 m

Nova EDAR San Miguel para 9.661 h-e

Lodos activos + nitrificación + desnitrificación

Nova EDAR San Cosme para 3.060 h-e

Lodos activos + nitrificación + desnitrificación

Os novos pozos de bombeo de Sarxende e Reinante sitúanse nas parcelas das depuradoras ás que substitúen, sendo nula a afección á contorna.

Ambos os pozos constan das seguintes cámaras:

• Pozo de area de 1,40×1,0 m e unha profundidade respecto da cota superior da laxa superior de 3,78 m en Sarxende e 3,0 m en Reinante.

• Dobre canle para a instalación da unidade de trituración e dunha reixa manual de desbaste. Cada canle ten 1,25 m de lonxitude, 0,40 m de largo e unha profundidade de 0,74 m.

• Pozo de bombas en cámara húmida de 2,20×3,00 m e unha profundidade de 4,28 m en Sarxende e 3,5 m en Reinante.

• Cámara de chaves de 1,70×1,70 m e 1,25 m de profundidade.

En ambos os casos o pozo de area recibe o colector de entrada de PVC Ø315 mm. A profundidade do pozo de area respecto ao colector de entrada e respecto á canle previa ao bombeo é de 1 m.

A seguir a auga residual pasa por unha canle de 40 cm de largo e 0,74 m de profundidade, no nel se coloca a unidade de trituración. Na entrada á canle sitúase un muro transversal de 1,35 m de alto, que define unha xanela de paso de 400×600 mm. A dita entrada contrólase cunha válvula mural de accionamento manual, que permitirá o by-pass do triturador.

O triturador será modelo CA206ABT7B2/HF528 de Albosa, ou similar. O caudal máximo de deseño é 270 m3/h (75 l/s).

O equipamento triturador está formado por dous robustos eixos de forma hexagonal que van apoiados en rolamentos de bólas e montan peches mecánicos, para evitar o paso da auga á unidade de accionamento.

Cada eixo incorpora unha serie de coitelas interpostas mediante espaciadores, que permiten un efecto real de desprazamento positivo dos sólidos triturados. Unha vez que o sólido foi atrapado polas coitelas, este non ten escape, e son apresados pola máquina e reducidos a po.

O equipo vai gobernado por un PLC programado coas ordes de protección, que permite monitorizar en todo momento o par de funcionamento da máquina para que non supere o máximo de traballo. Cando isto sucede, o triturador para durante 1 segundo, a seguir, e durante 2 segundos, invértese o sentido de xiro para que as coitelas do equipamento expulsen o sólido. Esta operación está programada até 3 veces. Se despois destes ciclos o par de funcionamento non descende a valores inferiores ao máximo de deseño, a máquina parará e reflectirá a orde no seu cadro de control.

En caso de peche da comporta situada á entrada da trituradora a auga pasará por unha canle paralela ao anterior, das mesmas dimensións (400×740 mm). Nesta segunda canle, que normalmente estará pechada por unha válvula mural, colócase unha reixa de materiais graúdos para protección das bombas. A reixa, construída en aceiro inoxidable AISI-304, colócase cunha inclinación de 75º coa soleira da canle e ten unha luz de paso de 25 mm. Está equipada cun anciño de limpeza manual e cunha cesta perforada para o almacenamento de sólidos, aparafusada en coroación da canle de desbaste.

O peche de ambas as comportas permitirá illar o bombeo para operacións de limpeza ou mantemento dos seus equipamentos.

Tras pasar a auga residual por algunha das canles descritas, chega ao pozo de bombeo. Neste pozo sitúase un muro transversal tranquilizador que evita o fluxo directo sobre as bombas.

O equipamento das estacións de bombeo é o seguinte:

a) Bombeo de San Pedro.

Colocaranse dúas bombas somerxibles capaces de elevar 21,9 l/s a unha altura manométrica de 20,3 m.c.a, das seguintes características.

– Tipo de impulsor: VORTEX.

– Diámetro máximo das partículas: 80 mm.

– Corpo hidráulico: DIN W.-Nr. GG20.

– Impulsor: DIN W.-Nr. GG20.

– Motor: DIN W.-Nr. GG20.

– Aspiración DN 80.

– Descarga DN100.

– 2 polos.

– Potencia nominal P2: 11 kW.

– Frecuencia de alimentación: 50 Hz.

– Intensidade de arranque: 166 A.

Arranque star/delta

– Velocidade nominal 2.950 rpm.

– Grao de protección (IEC 34-5): 68.

– Clase de illamento (IEC 85): F.

– Protección estándar Ex: N.

O cadro eléctrico estará preparado para 2 bombas de potencia nominal do motor 11 kW, con arrancadores suaves, seccionador de corte en carga xeral, proteccións eléctricas magnetotérmicas e diferenciais por bomba, protección contra sobretensións e cableado incluídas e sistema de aviso de alarma vía SMS.

A caldeiraría inclúe:

– Dúas tubaxes de impulsión DN-125 mm.

– Dúas válvulas de comporta de peche elástico DN-125 mm.

– Dous carretes de desmonte DN-125 mm.

– Dúas válvulas de retención de bóla DN-125 mm.

– Colector de unión con dúas entradas de fluxo en cóbado DN-125 e saída DN-150, en aceiro inoxidable AIS 304, con bridas enchufe.

b) Bombeo de Sarxende.

Colocaranse dúas bombas somerxibles capaces de elevar 29,7 l/s a unha altura manométrica de 20,1 m.c.a, das seguintes características.

– Diámetro impulsor = 275 mm.

– Tipo de impulsor: 1 ? CANLE.

– Diámetro máximo das partículas: 80 mm.

– Corpo hidráulico: fundición EN-GJL-250 AISI A48 30.

– Impulsor: fundición EN-GJL-250 AISI A48 30.

– Motor: fundición EN-JL1040 AISI A48 30.

– Aspiración DN 100.

– Descarga DN100.

– 4 polos.

– Potencia nominal P2: 13 kW.

– Frecuencia 50 Hz e tensión nominal 3×415 V.

– Intensidade máxima: 26 A.

Intensidade de arranque: 199 A.

Arranque E/D.

– Velocidade nominal 1.436 rpm.

– Grao de protección (IEC 34-5): 68.

– Clase de illamento (IEC 85): F.

– Protección estándar Ex: N.

O cadro eléctrico estará preparado para 2 bombas de potencia nominal do motor 13 kW, con arrancadores suaves, seccionador de corte en carga xeral, proteccións eléctricas magnetotérmicas e diferenciais por bomba, protección contra sobretensións e cableado incluídas e sistema de aviso de alarma vía SMS.

A caldeiraría inclúe:

– Dúas tubaxes de impulsión DN-150 mm.

– Dúas válvulas de comporta de peche elástico DN-150 mm.

– Dous carretes de desmonte DN-150 mm.

– Dúas válvulas de retención de bóla DN-150 mm.

– Colector de unión con dúas entradas de fluxo en cóbado DN-150 e saída DN-200, en aceiro inoxidable AIS 304, con bridas enchufe.

c) Bombeo de Pasadas.

Colocaranse dúas bombas somerxibles capaces de elevar 7,13 l/s a unha altura manométrica de 22,5 m.c.a, das seguintes características.

– Tipo de impulsor: VÓRTEX.

– Diámetro máximo das partículas: 80 mm.

– Corpo hidráulico: DIN W.-Nr. GG20.

– Impulsor: DIN W.-Nr. GG20.

– Motor: DIN W.-Nr. GG20.

– Aspiración DN 80.

– Descarga DN 80.

– 2 polos.

– Potencia nominal P2: 6 kW.

– Frecuencia alimentación: 50 Hz.

– Intensidade de arranque: 122 A.

Arranque star/delta

– Velocidade nominal 2.940 rpm.

– Grao de protección (IEC 34-5): 68.

– Clase de illamento (IEC 85): F.

– Protección estándar Ex: N.

O cadro eléctrico estará preparado para 2 bombas de potencia nominal do motor 6 kW, con arrancadores suaves, seccionador de corte en carga xeral, proteccións eléctricas magnetotérmicas e diferenciais por bomba, protección contra sobretensións e cableado incluídas e sistema de aviso de alarma vía SMS.

A caldeiraría inclúe:

– Dúas tubaxes de impulsión DN-80 mm.

– Dúas válvulas de comporta de peche elástico DN-80 mm.

– Dous carretes de desmonte DN-80 mm.

– Dúas válvulas de retención de bóla DN-80 mm.

– Colector de unión con dúas entradas de fluxo en cóbado DN-80 e saída DN-100, en aceiro inoxidable AIS 304, con bridas enchufe.

d) Bombeo de Reinante.

Colocaranse dúas bombas somerxibles capaces de elevar 17,1 l/s a unha altura manométrica de 27,8 m.c.a, das seguintes características.

– Tipo de impulsor: VÓRTEX.

– Diámetro máximo das partículas: 80 mm.

– Aspiración DN 80.

– Descarga DN 80.

– Corpo hidráulico: DIN W.-Nr. GG20.

– Impulsor: DIN W.-Nr. GG20.

– Motor: DIN W.-Nr. GG20.

– 2 polos.

– Potencia nominal P2: 11 kW.

– Frecuencia de alimentación: 50 Hz.

– Intensidade de arranque: 166 A.

Arranque star/delta

– Velocidade nominal 2.950 rpm.

– Grao de protección (IEC 34-5): 68.

– Clase de illamento (IEC 85): F.

– Protección estándar Ex: N.

O cadro eléctrico estará preparado para 2 bombas de potencia nominal do motor 11 kW, con arrancadores suaves, seccionador de corte en carga xeral, proteccións eléctricas magnetotérmicas e diferenciais por bomba, protección contra sobretensións e cableado incluídas e sistema de aviso de alarma vía SMS.

A caldeiraría inclúe:

– Dúas tubaxes de impulsión DN-100 mm.

– Dúas válvulas de comporta de peche elástico DN-100 mm.

– Dous carretes de desmonte DN-100 mm.

– Dúas válvulas de retención de bóla DN-100 mm.

– Colector de unión con dúas entradas de fluxo en cóbado DN-100 e saída DN-150, en aceiro inoxidable AIS 304, con bridas enchufe.

VII.3.2. Depuradoras.

A superficie dispoñible para as novas depuradoras de San Cosme e San Miguel será de 1.501 m2 e 4.325 m2 respectivamente.

As instalacións que, como mínimo, deberán ser incluídas no proxecto son as que se describen a seguir.

a) EDAR de San Cosme Liña de auga.

Pozo de chegada e by-pass xeral.

Tanque de tormentas.

Reixa de materiais graúdos de protección do bombeo.

Elevación de auga bruta: Q = 87,5 m3/h.

Desbaste fino: Q = 87,5 m3/h. 2 ou máis liñas.

Desareamento e desengraxamento: Q = 87,5 m3/h. 2 ou máis liñas.

Clasificador de areas e concentración de graxas.

Tratamento biolóxico: Q max = 87,5m3/h; Qmedio =29,2 m³/h. 2 liñas.

Con eliminación de nitróxeno e fósforo.

Decantación secundaria: Q max = 87,5 m3/h. 2 unidades.

Desinfección de auga para un caudal de máximo 87,5 m3/h.

Medición de auga en canle aberta.

Obra de conexión co by-pass xeral e de incorporación da vertedura á condución de saída.

Vertedura do efluente ao regato que bordea a parte traseira da parcela da EDAR, e ao que verte a depuradora actual, mediante colector de desaugadoiro para o caudal máximo de chegada á planta.

Liña de lodo.

Extracción de lodos e bombeo a espesamento.

Espesamento por gravidade dos lodos biolóxico con ponte.

Bombeo dos lodos espesados a deshidratación.

Estabilización química con polielectrólito para lodos biolóxicos.

Deshidratación mecánica por medio de centrífugas ou filtro-prensa.

Almacenamento de lodos deshidratados en silo de lodos.

Condución de desaugadoiro.

Proxectarase a obra de desaugadoiro da auga tratada ao regato que bordea a parte traseira da parcela da EDAR, dispondo, ademais, unha arqueta para anular a formación de espumas, e unha válvula antirretorno, para evitar calquera fluxo inverso.

b) EDAR de San Miguel.

Liña de auga.

Pozo de chegada e by-pass xeral.

Tanque de tormentas.

Reixa de materiais graúdos de protección do bombeo.

Elevación de auga bruta: Q = 277,9 m3/h.

Desbaste fino: Q = 277,9 m3/h. 2 ou máis liñas.

Desarenado e desengrasado: Q = 277,9 m3/h. 2 ou máis liñas.

Clasificador de areas e concentración de graxas.

Tratamento biolóxico: Q max = 277,9 m3/h ; Q medio = 92,6 m³/h. 2 liñas.

Con eliminación de nitróxeno e fósforo.

Decantación secundaria: Q max = 277,9 m3/h. 2 unidades.

Desinfección de auga para un caudal de máximo 277,9 m3/h .

Medición de auga en canle aberta.

Obra de conexión co by-pass xeral e de incorporación da vertedura á condución de saída.

Vertedura do efluente ao regueiro da Barranca, mediante colector de desaugadoiro para o caudal máximo de chegada á planta.

Liña de lodo.

Extracción de lodos e bombeo a espesamento.

Espesamento por gravidade dos lodos biolóxico con ponte.

Bombeo dos lodos espesados a deshidratación.

Estabilización química con polielectrólito para lodos biolóxicos.

Deshidratación mecánica por medio de centrífugas ou filtro-prensa.

Almacenamento de lodos deshidratados en silo de lodos.

Condución de desaugadoiro.

Proxectarase a obra de desaugadoiro da auga tratada ao regueiro da Barranca, dispondo, ademais, unha arqueta para anular a formación de espumas, e unha válvula antirretorno, para evitar calquera fluxo inverso.

Instalacións auxiliares.

En ambas as depuradoras considéranse, ademais, as instalacións auxiliares seguintes:

Desodorización nas instalacións cubertas da EDAR, do espesador de lodos e a sala de secado.

Pozo e rede de recolla de baleiramentos, augas de proceso etc. á estación de bombeo.

Edificio de control de EDAR.

Recollida de pluviais na EDAR.

Sistema de rega da EDAR.

No anexo n.º 17 (prego de bases técnicas da EDAR) do documento técnico que forma parte do presente proxecto sectorial detállanse as características técnicas das dúas depuradoras consideradas.

VIII. Prazo de execución das obras.

O prazo previsto para a execución das obras de ampliación e mellora da rede de saneamento de Barreiros é de dezaseis (16) meses.

Adicionalmente, a Administración poderá ordenar ao contratista adxudicatario a redacción dun proxecto construtivo baseándose no da súa oferta. Para iso, prevese un prazo máximo de dous (2) meses desde a resolución do concurso.

En total, o prazo de execución das obras será de dezaoito (18) meses.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo