Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre carnizaría en Lourenzá.

Antonio Reigosa Pedreira, solicitou desta alcaldía licenza municipal para carnizaría que se situará en Fernández del Riego, 5, baixo, parroquia de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lourenzá, 4 de abril de 2012.

Vidal Martínez-Sierra López
Alcalde