Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para taller de maquinaria agrícola.

Faise público que José Manuel Tuñas Riveiro solicitou licenza para desenvolver a actividade de acondicionamento de local para taller de maquinaria agrícola en San Cosme-Antes, comprendida no ámbito de aplicación recollido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do Concello.

Deste modo todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Mazaricos, 4 de abril de 2012.

José M. Santos Maneiro
Alcalde